Rafting no río Ulla
Enviado por carmengf o Mar, 14/05/2019 - 17:47
O pasado xoves 9 de maio, o alumnado de 1º de bacharelato acompañados pola profesora Carmen García e o profesor Carlos Freiría, puidemos desfrutar dunha xornada de rafting no río Ulla.
Aínda que o tempo non acompañaba, a actividade puido desenvolverse con normalidade e todos pasamos un bo rato. O descenso polo río durou aproximadamente hora e media na que fixemos distintos xogos como baixar por un rápido a nado ou saltar desde una gran pedra.
Foi un día xenial!
Tania García e Antía Cunqueiro, 1º Bacharelato A
NOTA: Podedes ver todas as fotos premendo aquí.