KAYAK E MÁIS ACTIVIDADES NA ILLA DE AROUSA CON 1º ESO
O xoves 20 de xuño, o alumnado de 1º da ESO foi de excursión de fin de curso, a Illa de Arousa.
A primeira parada foi no miradoiro Punta Quilma onde o alumnado tivo a sorte de ver arroaces que xogaban preto da costa e contemplar a paisaxe dende un dos bancos máis antigos da zona. Logo, continuaron cun pequeno roteiro ata o Muíño das Mareas de As Aceñas, onde o guía lles deu unha explicación sobre o seu funcionamento e a importante función que tiña na illa antigamente.
Posteriormente, volveron a Arousa Kayaks para prepararse e coller o material necesario para comezar a aventura en kayak e no barco-dragón, dirección ao Parque Natural de Carreirón. O vento dificultaba o avance, pero todos/as remaban con ganas para poder avanzar preto da costa e chegar a praia Rosa da Mosca.
Xa a mediodía, repuxeron forzas no Areoso Beach Club para logo de xantar ir a zona de xogos da praia do Vao onde se divertiron coas pas, cos frisbees, co tiro con arco ou co datchball.
Pasámolo moi ben. O próximo curso repetiremos!
Departamento de Educación Física
Preme na icona para ver máis fotografías