VISITA 2º ESO A CORRUBEDO, DOLMEN DE AXEITOS, CASTRO BAROÑA E PRAIA DA AGUIEIRA
Enviado por educfisica o Mér, 26/06/2024 - 18:40
O pasado 21 de xuño, os estudantes de 2º ESO fixemos unha excursión pola zona do Porto do Son.
O primeiro lugar que visitamos foi o faro de Corrubedo. Practicamos "parkour" nas rochas e vimos o faro. Houbo persoas que caeron alí. Facer parkour parece que non é tan doado!
A seguinte parada foron as dunas de Corrubedo. Non puidemos camiñar por elas, pero si puidemos velas.
Despois, fixemos unha pequena camiñada para visitar a praia ao lado das dunas e vimos algunha rocha con moluscos.
Logo, visitamos o dolmen de Axeitos. Estaba en bo estado e puidemos aprender algo de información sobre el.
Máis tarde, fomos ao castro de Baroña. Era máis grande do que pensaba! As edificacións estaban en perfecto estado e tiña unhas vistas incribles.
A continuación, fomos á praia da Aguieira. Comemos antes de ir á praia nunha zona recreativa.
Finalmente, baixamos á praia. Xogamos ao fútbol, coas pas, ao volei e cos frisbees e nadamos . A auga estaba conxelada!
Esta foi a nosa excursión para despedir o curso.
Gustaríame repetila!
Daniel Caramés Giménez, 2º de ESO - A
Preme na seguinte icona para ver máis fotos