INTERCAMBIO EDUMOB EN FRANCIA
Xa están de volta os nosos tres alumnos que tiveron a sorte de participar no programa Edumob e veñen moi contentos coa experiencia!
Este programa foi solicitado polo Departamento de Francés que animou ao alumnado de 4º de ESO a presentar a súa candidatura. Finalmente os nosos tres alumnos foron escollidos e puideron pasar un mes aloxados en familias e asistindo a clases de distintos centros da Région Académique Nancy-Metz. Nadir, Pablo e Roi coñeceron como é a vida do instituto francés, compartiron tempo e vivencias coas/cos súas correspondentes e tiveron ocasión de facer excursións e actividades nas fines de semana coas familias e as novas amizades.
Os horarios durante a semana foron intensos e non deixaban tempo a moitas actividades: erguerse moi cedo, comer no instituto e ata media tarde non rematar as clases; pero isto tamén lles deu a oportunidade de facer vida cos seus compañeiros de centro e poder comparar os nosos sistemas educativos nos que como sempre, hai vantaxes e inconvenientes.
Moi boa experiencia! E agora a preparar a chegada das súas correspondentes que nos acompañarán no centro desde o 25 de Outubro e durante un mes, así que vai ser tamén unha boa experiencia para toda a comunidade educativa!