Francés
DEPARTAMENTO DE FRANCÉS
Enviado por Anónimo o Xov, 26/04/2007 - 12:25O departamento de Francés está formado polas seguintes profesoras:
Nine Paz García Xefa de departamento
Susana González Rodríguez
Programación |
Pendentes |
Alumnado coa materia de francés pendente
Segundo se recolle na programación do Departamento, para recuperar a materia haberá dúas posibilidades
Primeira opción de recuperación·
Unha proba escrita no mes de febreiro (60% da nota)
Dossiers de actividades para facer ao longo do curso (40% da nota) Os dossiers de actividades serán entregadas pola profesora ao alumno/a regularmente. As actividades teñen que ser devoltas á profesora nas tres semanas posteriores á entrega, tendo como límite a data que aparecerá nas mesmas. Non se entregará un novo dossier ata que o anterior non estea devolto.
Ademais das actividades impresas todo o alumnado con esta materia pendente terá á súa disposición o material de reforzo seleccionado na páxina do departamento e terá acceso ao material da aula virtual con actividades de práctica e reforzo da materia
Segunda opción de recuperación
No caso de non recuperar a materia ao longo do curso, o alumnado poderá realizar unha proba escrita no mes de maio
Todo o alumnado con esta materia pendente terá á súa disposición o material de reforzo seleccionado na páxina do departamento e terá acceso ao material da aula virtual con actividades de práctica e reforzo da materia
Criterios de cualificación:
Para esta proba extraordinaria utilizaranse os criterios de cualificación presentes na programación, segundo os cales a realización das actividades ao longo do curso terá un peso do 40% da nota final e a proba que se realizará en febreiro un 60%. De non superar esta proba poderán presentarse á proba extraordinaria do mes de maio.
Recomendacións e observacións:
É imprescindible que o alumno se poña en contacto coa profesora para a entrega do material coas actividades a realizar e que estas se realicen nas datas previstas, dado que é unha porcentaxe elevada da nota final.
FIESTINEMA
Enviado por Dirección o Lun, 18/11/2024 - 09:35Os alumnos de 4ºESO que cursan a materia de francés poideron asistir ao Fiestinema, organizado pola Alianza francesa, coa proxección de "La Petite Bande" que tivo lugar o mércores 13 de novembro no IES Rosalía de Castro.
Ao rematar a película, os alumnos comentaron que lles gustara esta comedia francesa protagonizada por cinco adolescentes na cal entrelazaban varios temas como a amizade, o acoso escolar, o medioambiente. En xeral, quedaron satisfeitos, porque lles resultou fácil de entender a pesar de non estar acostumados a ver películas en versión orixinal.
INTERCAMBIO EDUMOB EN FRANCIA
Enviado por Dirección o Mér, 16/10/2024 - 17:02Xa están de volta os nosos tres alumnos que tiveron a sorte de participar no programa Edumob e veñen moi contentos coa experiencia!
Este programa foi solicitado polo Departamento de Francés que animou ao alumnado de 4º de ESO a presentar a súa candidatura. Finalmente os nosos tres alumnos foron escollidos e puideron pasar un mes aloxados en familias e asistindo a clases de distintos centros da Région Académique Nancy-Metz. Nadir, Pablo e Roi coñeceron como é a vida do instituto francés, compartiron tempo e vivencias coas/cos súas correspondentes e tiveron ocasión de facer excursións e actividades nas fines de semana coas familias e as novas amizades.
Os horarios durante a semana foron intensos e non deixaban tempo a moitas actividades: erguerse moi cedo, comer no instituto e ata media tarde non rematar as clases; pero isto tamén lles deu a oportunidade de facer vida cos seus compañeiros de centro e poder comparar os nosos sistemas educativos nos que como sempre, hai vantaxes e inconvenientes.
Moi boa experiencia! E agora a preparar a chegada das súas correspondentes que nos acompañarán no centro desde o 25 de Outubro e durante un mes, así que vai ser tamén unha boa experiencia para toda a comunidade educativa!
INTERCAMBIO CON SOISSONS
Enviado por Nine o Dom, 30/06/2024 - 20:35FÉLICITATIONS!
Enviado por Dirección o Dom, 23/06/2024 - 09:26O alumnado de francés que se presentou ás probas DELF obtivo un gran éxito! Xa temos 18 novas certificacións que acreditan o bó nivel do noso alumnado e que de seguro lles abrirán camiños e posibilidades. Moitos parabéns!
PROGRAMA EDUMOB
Enviado por Nine o Dom, 02/06/2024 - 17:08O programa Edumob é un programa de intercambio individual no que o alumnado participante vivirá durante catro semanas coa familia do /a homólogo/a francés e asistirá ao seu centro de ensino. Cada centro de ensino poderá seleccionar ata 6 participantes; de haber máis participantes formarán parte da lista do substitutos/as.
Para a participación o alumnado debe cumprir con certos requisitos, entre outros:
-
Cursar francés como 1ª ou 2ª lingua en 1º de Bacharelato
-
Ter unha nota media de 7 no expediente de ESO
-
Ter unha nota mínima de 7 na materia de francés en 4º de ESO
-
Ter cursado francés 4 cursos
-
Ter unha certificación B1 ou contar coa aprobación do Departamento de francés
Unha vez presentadas as candidaturas, unha comisión de selección fará a valoración e aplicará o baremo que marca o programa. Esta selección publicarase coa puntuación acadada e a orde de participación. De ser escollido o noso centro para participar, cada alumno/a participante recibiría unha axuda de 300€ como axuda para gastos da viaxe, que sería xestionado desde o centro.
Durante a estadía en Francia o alumnado seguirá o contrato de estudos asinado previamente e as familias faranse cargo dos gastos de transporte e manutención dos/as correspondentes franceses durante a súa estadía
As datas das mobilidades, acordadas entre as administracións educativas de ambos países, son as seguintes:
• Mobilidade saínte (estadía en Francia) : do 16/09/2024 ao 11/10/2024
• Mobilidade entrante (acollida en Galicia) : do 28/10/2024 ao 22/11/2024
Os desprazamentos realizaranse durante a fin de semana anterior e posterior. As familias de acollida de ambos países serán as encargadas de desprazarse ata os puntos de entrega e recollida fixados. O alumnado galego viaxará acompañado por un(ha) docente do seu centro. O punto de entrega e recollida do alumnado será a gare SNCF de Nancy. O punto de recollida e entrega do alumnado francés será o aeroporto de Santiago - Rosalía de Castro. Os centros encargaranse da xestión dos desprazamentos do alumnado e profesorado acompañante, así como do aloxamento deste último se fose preciso.
O alumnado que desexe presentar a súa candidatura deberá cumprimentar os Anexos I a 4 e presentalos no centro educativo antes do 4 de Xuño.
A informacións completas están dispoñibles no portal da Consellería de Educación:
https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_edumob_24_25.pdf
CONVOCATORIA DO PROGRAMA DE INTERCAMBIO EDUMOB (FRANCIA)
Enviado por Dirección o Mar, 28/05/2024 - 17:47A Consellería de Educación convoca o programa EDUMOB, un programa de intercambio individual de alumnado matriculado en centros públicos galegos con matriculado de centros pertencentes á Rexión Académique de Grand Est en Francia.
Este programa vaise desenvolver por primeira vez no presente curso 2023-2024 para alumnado matriculado en 1º de bacharelato que curse a materia de francés.
Máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.
INTERCAMBIO CO LYCÉE FRANCÉS GÉRARD DE NERVAL (SOISSONS)
Enviado por Dirección o Xov, 25/04/2024 - 09:48O IES de Brión participou nun intercambio co Lycée Gérard de Nerval da vila de Soissons en Francia no marco do proxecto EduFrance. Despois da estadía do noso alumnado na súa vila e instituto, tocou recibir aos correspondentes franceses que viñan por primeira vez a Galicia.
Durante unha semana coñeceron o centro e as clases pero tamén tiveron oportunidade de visitar o Concello e ser recibidos por parte da corporación, de coñecer un pouco máis Brión grazas a un roteiro organizado polo Departamento de Educación Física, de facer un treito do Camiño de Santiago, visitar a cidade de Santiago de Compostela e ata de comer churros!
Pero tamén foi unha experiencia magnífica de sentirse acollidas nas familias das súas correspondentes das que todos quedaron encantadas polo trato e a acollida que tiveron con todos/as elas.
Na avaliación que fixemos ao finalizar a estadía, todas as participantes salientaban o ben acollidas que se sentiron aquí, a variedade e calidade das actividades e o tristes que estaban de rematar. Pola nosa parte, resumimos o noso sentir nas palabras de Alba L. "non teño palabras para describir o increíble e divertido que foi, unha experiencia inolvidable e chea de aventuras. As despedidas son moi tristes e duras, así como nos pasou a nós a hora de despedirnos, pero estou moi agradecida e contenta de ter participado neste intercambio e estou segura de que nun futuro volverémonos encontrar."
ATELIER DE CRÊPES
Enviado por Dirección o Ven, 01/03/2024 - 14:43O xoves 29 de febreiro o departamento de francés organizou a visita dun food truck de crêpes de La Bretagne ao noso centro para todo o alumnado de francés de 2º, 3º e 4º da ESO.
Ao longo da mañá, houbo exposicións de cultura francesa, representacións de diálogos, obradoiro para aprender a facer crêpes e finalmente a mellor parte: a degustación!
Agardamos que non pasen outros 4 anos antes de repetir unha experiencia tan diferente e divertida como o propio 29 de febreiro!
PARABÉNS AO ALUMNADO DE FRANCÉS
Enviado por Dirección o Ven, 23/06/2023 - 17:2626 novos titulados DELF nos niveis A2, B1 e B2 coa súa acreditación oficial que recibiron a noticia esta semana. Un 100% de aprobados!
O alumnado de francés que se presentou fixo un esforzo extra para preparar esta proba coa axuda das súas profesoras e o esforzo pagou a pena porque obtiveron uns resultados extraordinarios.
Moitos parabéns para Ángela, Julia, Rut, Emma, Marcos, Zoe, Sandra, Lucía, Flavia, Alejandro, Nadir, Pablo, Roi, Nerea, Laura, Mariña, Pablo, Sabela, Xiana, Sofía, Aroa, Andrea, Julia, Minia, Martiño e Eirena! Félicitations!