Skip to Content

Erasmus+

Alumnado de Ciclos realiza a FCT no estranxeiro

01/04/2017 09:00
Etc/GMT+1

Este ano volvemos levar a cabo o proxecto Erasmus+ KA102 en Formación Profesional: a realización da formación en centros de traballo ( FCT) relacionados cos seus respectivos ciclos levarase a cabo no estranxeiro, e terá lugar desde o 3 de abril ata o 21 de xuño.

Consideramos prioritario que o noso alumnado se integre nos novos mercados laborais europeos e que poida pór en práctica os coñecementos específicos da súa especialidade nun contexto diferente ao cotián.

Este ano o programa desenvolverase en Portugal, concretamente en Lisboa. É o terceiro ano que realizamos as prácticas neste país veciño, dous en Lisboa e un en Madeira, con resultados óptimos. Non esquezamos o valor engadido para a comunidade dada a situación fronteiriza da nosa localidade e a posibilidade de abrirse un novo e amplo mercado laboral.

O alumnado seleccionado recibiu previamente formación cultural e lingüística coa profesora nativa Sonia Almeida.

As persoas seleccionadas para o programa son:

Convocatoria de bolsas Erasmus+ KA102

11/10/2016 08:20
31/10/2016 14:00
Etc/GMT+1
Convócanse seis bolsas para realizar una mobilidade de 80 días en Italia ou Portugal. Estas mobilidades teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, estancia que será considerada como parte do módulo F.C.T. e, polo tanto, será acreditada dentro do Título de Técnico. Terán lugar entre abril e xuño de 2017, e pode solicitalas o alumnado dos seguintes ciclos formativos:
  • Sistemas microinformáticos e redes: 2 bolsas para Italia.
  • Carrozaría e Electromecánica de vehículos: 2 bolsas para Italia.
  • Carrozaría e Electromecánica de vehículos: 1 bolsas para Portugal.
  • Xestión Administrativa: 1 bolsa para Portugal.

As solicitudes presentaranse entre o 11 de outubro e o 31 de outubro de 2016.

Os interesados e interesadas presentarán aos seus titores ou titoras os seguintes documentos:

  • Solicitude.
  • Curriculum Europeo (español), pode ser elaborado en: http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae 
  • Carta de motivación, dirixida ao Equipo Educativo (arquivo de Word libre, indicar nome e data).

Intercambio escolar con Dinamarca, Aarhus 2016

Do 20 ao 27 de setembro oito estudantes de primeiro e segundo de Bacharelato gozaron dunha viaxe de intercambio co instituto Langkaer de Tilst en Aarhus (Dinamarca). Cun completo programa de actividades foron convidados a coñecer e compartir a súa cultura e ensinanza, amosando unha hospitalidade e atención inmellorables.
Agradecemos desde aquí a todas as persoas que fan posibles estas experiencias, enriquecedores e imprescindibles para todos nós, e agardamos impacientes a súa visita na Guarda o próximo mes de abril!
Ata pronto, Langkaer!

Mobilidades do alumnado de Ciclos Formativos

26/04/2016 08:00
24/06/2016 20:00
Etc/GMT+1

Este curso unha parte do alumnado de ciclos medios está a realizar parte das prácticas no estranxeiro. Trátase do Proxecto Europeo KA102, coordinado no noso centro por Teresa Álvarez.

Desde abril ata finais deste mes de xuño, Miriam Lechuga, Manuel Pereira, Borja Pérez e Emanuil Petrov realizarán parte da FCT en Terni (Italia), e Pablo Fernández, Adrián Álvarez, Brais Grandín e Alberto Dios, en Lisboa (Portugal).

 

Distribuir contido


by Dr. Radut