Skip to Content

Erasmus+

Dúas alumnas estudan no Collège Boris Vian de Dunkerque

13/01/2016 08:00
09/02/2016 20:00
Etc/GMT+1
Dúas alumnas de terceiro de ESO do noso centro, Lucía Braga e Uxía Vicente, están a estudar no Collège Boris Vian de Dunkerque (Francia) desde o pasado martes 12 de xaneiro. Son dúas rapazas de tan só 15 anos, con ganas de coñecer outros modelos educativos europeos, que inician unha nova etapa aproveitando as oportunidades que lles ofrecen os programas Erasmus +.
Esta mobilidade de estudantes está integrada no Proxecto Europeo BODY coordinado polo centro anfitrión, que aposta pola internacionalización e desenvolvemento das capacidades educativas e formativas dos nosos estudantes.

Intercambio co Lycée Jean Bart de Dunkerque (Proxecto BODY)

12/01/2016 08:00
19/01/2016 21:00
Etc/GMT+1

Fotos grupo

O pasado martes 12 de xaneiro de 2016, oito estudantes de primeiro de bacharelato emprenderon unha viaxe de intercambio co Lycée Jean Bart de Dunkerque (Francia).
Ademais das visitas culturais e da convivencia coas familias, realizaron diversas actividades deportivas e artísticas en relación coa temática do proxecto BODY: sesións de sofroloxía, ioga, acrosport, aerobic, lingua de signos etc.

Unha semana intensa chea de emocións!

Proxecto BODY

 

O IES A Sangriña participará durante os tres vindeiros cursos (período 2015-2018) xunto con centros de ensino de Francia, Portugal, Polonia, Italia, Reino Unido e Romanía, nun proxecto asociativo interescolar promovido pola Comisión Europea dentro do sistema Erasmus+.

O tema en torno ao que xira o proxecto é a reflexión sobre o corpo humano desde diversas perspectivas: físicas, emocionais, sociais, artísticas, nutricionais etc. A multidimensionalidade e a complexidade de relacións que o tema suscita está garantida e reforzada na colaboración que o noso centro recibirá do CEIP A Sangriña, do Centro Avelaíña, do Centro de Educación Especial San Xerome e da Residencia para a Terceira Idade "Monte Tecla". A colaboración e a implicación dos citados centros fai deste proxecto un marco convivencial e de integración no que traballan, participan e disfrutan a pé de igualdade tanto alumnos e alumnas de primaria e secundaria, persoas con necesidades educativas especias e os nosos maiores. As actividades programadas son de moi diversa índole: talleres de danza, exposicións, xornadas de convivencia, conferencias etc. Todo isto combinado con viaxes de intercambio que alumnas e alumnos do IES A Sangriña realizarán aos distintos países socios do proxecto.

Mobilidade con Dunkerque

10/11/2015 00:00
Etc/GMT+1
O pasado martes 10 de novembro, o IES A Sangriña despediuse de Margaux Beddeleem e Angèle Frantz tras un mes de convivencia e experiencias inesquecibles.
Unhas auténticas aventureiras que con só 14 anos realizaron con éxito unha mobilidade de 28 días na localidade guardesa. Félicitations, les filles!
Bon retour à Dunkerque!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut