11/10/2016 08:20
31/10/2016 14:00
Etc/GMT+1
Convócanse seis bolsas para realizar una mobilidade de 80 días en Italia ou Portugal. Estas mobilidades teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, estancia que será considerada como parte do módulo F.C.T. e, polo tanto, será acreditada dentro do Título de Técnico. Terán lugar entre abril e xuño de 2017, e pode solicitalas o alumnado dos seguintes ciclos formativos:
- Sistemas microinformáticos e redes: 2 bolsas para Italia.
- Carrozaría e Electromecánica de vehículos: 2 bolsas para Italia.
- Carrozaría e Electromecánica de vehículos: 1 bolsas para Portugal.
- Xestión Administrativa: 1 bolsa para Portugal.
As solicitudes presentaranse entre o 11 de outubro e o 31 de outubro de 2016.
Os interesados e interesadas presentarán aos seus titores ou titoras os seguintes documentos:
- Solicitude.
- Curriculum Europeo (español), pode ser elaborado en: http://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae
- Carta de motivación, dirixida ao Equipo Educativo (arquivo de Word libre, indicar nome e data).