Skip to Content

Normalización Lingüística

Ruada por Rosalía

16/03/2016 10:15
16/03/2016 13:00
Etc/GMT+1

O pasado 16 de marzo, o Equipo de Normalización Lingüística do noso centro organizou unha Ruada por Rosalía, na que foron visitando os socios locais do Proxecto Erasmus+ BODY.

Un grupo de 17 alumnas e alumnos de 1º de ESO renderon homenaxe a Rosalía de Castro e dedicánronlle os Cantares Galegos aos avós e avoas da Residencia Monte Tegra, aos usuarios e usuarias do Centro San Xerome Emiliani e Asociación Avelaíña e ao alumnado do CEIP A Sangriña.
Unha homenaxe interxeracional moi conmovedora.


Ruada por Rosalía (16 de marzo de 2016) por carinavales

Instrucións para tomar café

17/03/2016 12:20
17/03/2016 14:00
Etc/GMT+1
O escritor e sociolingüista Manuel Núñez Singala presentou está mañá no noso centro o seu libro Instrucións para tomar café. Aproveitou a charla, dirixida ao alumnado de bacharelato, para reflexionar sobre o proceso de creación literaria, sobre o acto de lectura, e tamén sobre a lingua de noso e a relación que os falantes temos con ela.
 
 

Ruada por Rosalía

O día 12 de xuño faremos, coma en anos anteriores, a Ruada por Rosalía. Animámosvos a participar na homenaxe á poeta e á lingua galega. Organiza o Centro Social Fuscalho e o Equipo de Normalización Lingüística do instituto.

O IES A Sangriña organiza o IX certame de poesía Xela Arias

Un ano máis, o IES A Sangriña convoca este certame coa finalidade de dar a coñecer a obra da autora homenaxeada e tamén para axudar aos mozos e mozas que comezan o camiño da creación poética en galego.

Xela Arias é a poeta moza, valente, que abre novos camiños na nosa literatura; comprometida co galego e co mundo en que lle tocou vivir. O seu breve paso polo noso instituto, onde foi profesora, deixou afectos e lembranzas que seguen e seguirán vivas. A súa obra e o seu compromiso son tamén exemplo que lle ofrecemos aos  rapaces e rapazas que queiran aceptar o reto de seguir ese camiño.

O certame está dirixido a alumnado de 12 a 20 anos en dúas modalidades con diversos premios. A data límite de presentación é o día 3 de xuño de 2015. No cartel das bases pódese ampliar información. Tamén se poden solicitar información e resolver dúbidas sobre o certame no correo do instituto: ies.sangrina@edu.xunta.es.

Podes descargar as bases do certame no seguinte enlace. 

Distribuir contido


by Dr. Radut