Skip to Content

Normalización Lingüística

Nin unha menos

25/11/2016 12:00
Etc/GMT+1

O pasado venres 25 de novembro, Día Internacional da Violencia contra a Muller, xuntámonos no vestíbulo do centro para ler e escoitar reivindicativos poemas das nosas grandes autoras, con intención de visibilizar e sensibilizarnos ante un problema tan grave que vive a nosa sociedade. É esperenzadora a alta participación que tivo esta actividade.

 

Nin unha menos

25/11/2016 08:20
Etc/GMT+1
O vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional da Violencia contra a Muller, o noso centro quere sumarse ás reinvindicacións dos dereitos das mulleres e pór o noso gran de area para cambiar esta realidade de violencia machista que están a sufrir.

Faremos un pequeno acto no vestíbulo do centro que consistirá nunha lectura dalgúns poemas significativos da nosa literatura, por parte do alumnado. Estades todas e todos convidados a participar neste recital: se queredes anotarvos, falade con Neves (Galego), Denis e Gisela (Castelán) ou Bea (Plástica).

Ademais, na biblioteca haberá unha selección de obras de mulleres para que todo o alumnado poida acceder a elas. 

Convidámosvos tamén a todas e todos a traer algo semellante a unha cinta ou lazo de cor violeta, con ou sen mensaxe escrita, para construír unha cabeleira de muller.


Ese día traede algunha prenda de roupa violeta.

Animádevos a participar! 

As Letras con Música

09/05/2016 12:00
Etc/GMT+1

 

O pasado día 9, dentro do marco das I Xornadas dos Libros ás Letras organizadas por Normalización Lingüística, celebrouse o día da Música. Puidemos gozar da intervención musical nas voces de María Rodríguez, Alfredo Garrido e a colaboración de Tino Baz, ao cal agradecemos especialmente a súa presenza no acto.

Un bonito repertorio que incluíu cancións como María Balteira (composta polo grupo A Quenlla co poema de Darío Xohán Cabana), O carro (poema de Manuel María) e Galiza mailo Minho (poema conxunto de Joâo Verde e Amador Saavedra) que reflicte unha bonita historia das dúas ribeiras.

Podedes ver o vídeo da actuación premendo aquí

I Xornadas dos Libros ás Letras

19/04/2016 12:00
18/05/2016 21:00
Etc/GMT+1
O pasado 19 de abril deron comezo as primeiras Xornadas dos Libros ás Letras, organizadas por Normalización Lingüística. A programación inclúe numerosas actividades ata o 18 de maio programadas para o segundo recreo no salón de actos, e conta coa especial colaboración dos Departamentos de Linguas, Música, Debuxo e Filosofía.
Trátase dunhas xornadas abertas á participación de todas e todos, animádevos!
 
Distribuir contido


by Dr. Radut