Skip to Content

Normalización Lingüística

Día da muller (reportaxe)

08/03/2017 08:20
Etc/GMT+1
O pasado 8 de marzo, Día da Muller, o IES A Sangriña sumouse ao paro internacional das mulleres: vestindo roupa de cor negra, solidarizándonos con todas as mulleres que sofren violencia machista, e facendo unha cadea humana, como símbolo de unidade fronte a estes ataques diarios aos nosos dereitos.

A tropa de trapo

03/03/2017 10:15
03/03/2017 12:00
Etc/GMT+1

O pasado 3 de marzo, o noso alumnado de 1º e 2º de ESO puido gozar dunha moi amena sesión de música e contacontos protagonizada por A tropa de trapo, que presentou "A hora azul". Con este espectáculo, os contacontos profesionais Brais e Marta - chegados desde Cangas - renden homenaxe ás mulleres, á emigración e ao realismo máxico de Galicia, acompañados do son da guitarra portuguesa, do laúde árabe, da darbouka, do caixón flamenco e das Karkaba. A continuación desta sesión, o alumnado de 1º de ESO asistiu a un obradoiro, impartido por Brais e Marta, a través do cal puideron afondar no marabilloso oficio de contar contos.

Día de Rosalía (reportaxe)

24/03/2017 12:00
24/03/2017 14:00
Etc/GMT+1

Podemos ver a continuación algunhas das imaxes máis significativas do festival poético-musical celebrado o pasado día 24 de febreiro, no salón de actos, para conmemorar o 180 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.

Durante a mañá, realizáronse dous pases para que todo o alumnado da ESO puidese gozar dunha moi sentida lectura dos máis coñecidos poemas da autora (“Adiós ríos, adiós fontes”; “Negra sombra”; “Unha vez tiven un cravo”; “A xustiza pola man”…), feita por varias alumnas e alumnos pertencentes e 3º e 4º de ESO e 1º de Bacharelato. Estas lecturas recibiron acompañamento musical por parte do alumnado de Música de 1º Bacharelato. A continuación, Manuel Adrover, alumno de 4º ESO, interpretou unha fermosa danza en homenaxe á nosa poeta.
O peche do festival puxérono as profesoras Marisa Guerra e Nuria Vázquez achegando unha leda e animada lectura do poema “Vente rapasa, vente miniña.”

No vestíbulo do centro puidemos, tamén, gozar dunha exposición de traballos, feitos polo alumnado de Plástica, onde vimos a súa propia interpretación dos poemas de Rosalía.

Cadea solidaria no Día da Muller

08/03/2017 12:00
Etc/GMT+1
Distribuir contido


by Dr. Radut