Skip to Content

O IES A Sangriña organiza o IX certame de poesía Xela Arias

Un ano máis, o IES A Sangriña convoca este certame coa finalidade de dar a coñecer a obra da autora homenaxeada e tamén para axudar aos mozos e mozas que comezan o camiño da creación poética en galego.

Xela Arias é a poeta moza, valente, que abre novos camiños na nosa literatura; comprometida co galego e co mundo en que lle tocou vivir. O seu breve paso polo noso instituto, onde foi profesora, deixou afectos e lembranzas que seguen e seguirán vivas. A súa obra e o seu compromiso son tamén exemplo que lle ofrecemos aos  rapaces e rapazas que queiran aceptar o reto de seguir ese camiño.

O certame está dirixido a alumnado de 12 a 20 anos en dúas modalidades con diversos premios. A data límite de presentación é o día 3 de xuño de 2015. No cartel das bases pódese ampliar información. Tamén se poden solicitar información e resolver dúbidas sobre o certame no correo do instituto: ies.sangrina@edu.xunta.es.

Podes descargar as bases do certame no seguinte enlace. 

AdxuntoTamaño
Bases 2015.pdf793.87 KB


story | by Dr. Radut