Skip to Content

Normalización Lingüística

25N

25N EN NEGRO

Desde o Grupo de Igualdade do IES A Sangriña convidamos a toda a comunidade educativa a asistir ao instituto vestida de negro o próximo xoves 25N para manifestarse, deste xeito, contra a violencia de xénero. Ademais, para a conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aquel alumnado que a solicite á entrada do centro, recibirá un máscara violeta para lucir durante a xornada.

Apúntate a O BEN QUERER(SE) [atención: correo corrixido]

No IES A Sangriña colaboramos co CIM da Guarda na reserva de entradas para o espectáculo de Aldaolado O BEN QUERER(SE). Nel, as poetas Lucía Aldao e María Lado mesturarán poemas, música e historias para facer visibles as desigualdades que as mulleres seguen atopando actualmente na súa vida pública e privada. Este evento, que se celebrará o próximo día 25 ás 20:00 no Centro Cultural, é unha actividade inserida na programación de conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O alumnado que o desexe poderá solicitar a súa reserva comunicándoo no correo do Equipo de Dinamización da Lingua Galega: asangrinha.edlg@gmail.com

QUEN DIXO MEDO?

No IES A Sangriña celebramos este ano o Samaín cun certame de contos de misterio e terror. O concurso está organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Bibliotrega do Miño. A participación está aberta a todos os alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e FP. Para participar só terás que seguir as seguintes indicacións:

  1. Aproveita a noite de defuntos para escribir o teu relato de terror ou de misterio.
  2. Non hai límite de palabras, pero só terás unha páxina de espazo. Podes facer a letra endemoñadamente pequena.
  3. Se queres, acompaña o texto dunha imaxe horripilante (aínda que non sexa obrigatorio).
  4. Haberá dúas categorías e un premio para cada unha delas: CATEGORÍA A (alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO) e CATEGORÍA B (alumnado de 4º de ESO e Bacharelato). O alumnado de FP participará na categoría que por idade lle corresponda.
  5. Envía o teu relato por e-mail á conta asangrinha.edlg@gmail.com indicando o teu nome completo, curso e grupo. A data límite de recepción será o 5 de novembro. Os mellores traballos publicaranse en Internet.
  6. Os premios terán un importe de 30 € e serán entregados nun vale que deberá empregarse no comercio local.

Distribuir contido


by Dr. Radut