Skip to Content

VI Premio Galicia Innovación júnior

portada do diptico da convocatoria do concurso

Co lema "todo ten a súa ciencia" convócase o VI PREMIO GALICIA INNOVACIÓN JÚNIOR no que poden participar mozos e mozas con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, ben de forma individual ou en grupos de 3 persoas como máximo.

Mostra de teatro

Dende vicedirección achegannos unha nota de prensa, publicada xa nos medios de comunicación, con informacións da Mostra de Teatro Feixó Arauxo:
Participantes no curso de clown

A MOSTRA DE TEATRO FEIXÓ ARAÚXO EN MARCHA DE NOVO

As persoas que se ocupan da organización do maior evento teatral na nosa comarca xa levan moitas horas de traballo. Será a Segunda Mostra de Teatro non Profesional do Miño Gabriel Feixó Araúxo. Se hai este cambio no nome é porque desta vez as vilas organizadoras non son só A Guarda e Goián, que o ano pasado iniciaron esta andadura, é que agora súmanse tamén Vila Nova de Cerveira e Caminha. Eliminamos por iso a denominación que fai referencia a un territorio com límites precisos (o Baixo Miño) e facemos do nome do Miño símbolo de unión e de rompimento dunha fronteira que desde o punto de vista cultural non ten ningún sentido. E se gañamos a incorporación das vilas portuguesas foi grazas a que se sumaron á organización do evento as persoas que traballan na Oficina Xuvenil Transfronteiriza de Tui, dependente da Dirección Xeral de Xuventude, que estableceron os contactos precisos e abriron camiño a través das Câmaras Municipais e o IPJ de Portugal. Crece pois a Mostra, que se converte nun escaparate para o teatro de toda Galiza e Portugal.

Os resultados comezan a verse desde xa. Así, os días 24 e 25 de novembro no IES A Sangriña tivo lugar un curso de clown no que participaron alumnos e alumnas do instituto e do CPI Suárez Marquier do Rosal. Foi dirixido por Francisco Rei, actor profesional da compañía Os Sete Magníficos mais Un e membro de Culturactiva, empresa pioneira na animación cultural cuxo prestixio é recoñecido a nivel mundial, por ser quen se ocupa da organización do Festiclown en Santiago de Compostela. Os participantes neste curso preparáronse para representar un espectáculo de animación de rúa que percorrerá as vilas que acollen a Mostra nas datas en que esta se celebre. Porque o que pretendemos desde a organización é que a Mostra sexa unha festa do teatro para todos, presente en toda a comarca e que chegue a toda a xente e non só a aquela que vaia ás salas onde se ofrecerá o espectáculo das obras seleccionadas para esta ocasión.

O curso de clown foi o primeiro dunha serie de cursos destinados a preparar profesionalmente aos mozos e mozas que se ocuparán da presentación da Mostra e da animación de rúa. E haberá unha oferta variada de actividades de formación, que se levarán adiante coa colaboración dos concellos e institucións culturais. De momento contamos co compromiso do concello de Tomiño e do IPJ (Instituto Português da Juventude). Entre outros está previsto ofrecer cursos de interpretación teatral, de maquillaxe, escenografía, danza, circo, voz e expresión corporal. Tamén esperamos que os concellos da zona se vaian implicando na formación continuada para as persoas que queiran desenvolver as súas capacidades a través do teatro organizando e apoiando a creación de Escolas Municipais de Teatro, que tan bos resultados están ofrecendo naquelas vilas e cidades que xa contan con este servizo.

O martes, día 4 de decembro ás 16:30 no Centro Goianés iniciarase un obradoiro de interpretación teatral e posta en escena a cargo de Mário Moutinho, actor portugués, director do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica. Outra oportunidade única e privilexiada que terán os nosos mozos e mozas para aprender técnicas teatrais da man dun excelente profesional de prestixio internacional. Esta actividade está patrocinada polo Instituto Português da Juventude, que como dixemos colabora de maneira activa e entusiasta na organización da Mostra de Teatro do Miño.

Desde a organización estamos traballando duramente, a nosa ilusión é grande e tamén os logros até o momento. Todo o que conseguimos deica agora non tería sido posíbel sen o apoio entusiasta das persoas e institucións que colaboraron o ano pasado no nacemento da Mostra. Agora seguimos precisando moita axuda, necesitamos a implicación tanto dos concellos e organizacións culturais da comarca como daquelas empresas que teñan especial sensibilidade polo desenvolvemento cultural da nosa zona. Estamos construíndo unha grande obra e todas as mans son precisas para levantala

A Comisión Organizadora da Mostra de Teatro do Miño

Tino Baz - Canción dun pintor

Videoclip do cantautor Guardés Tino Baz, extraído do seu primeiro traballo discográfico en solitario, "Cinsa namorada". A presentación deste disco terá lugar no Centro Cultural da Guarda o día 19 de decembro as 20:00h.
Dende eiquí damos os nosos parabéns a Tino Baz por este magnífico videoclip. ¡Felicidades Tino!


O IES A Sangriña Nas Primeiras Xornadas de Software Libre no Ensino

No mes de outubro de 2007, durante catro días, celebráronse as xornadas as “I Xornadas de software libre no ensino” organizadas por “Ourense Software Libre”.

Dentro destas xornadas, o día 20 de outubro, José Antonio Martínez Lista Asesor Técnico da Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos expuxo a súa ponencia “Webs Dinámicas, webs nos centros educativos baseadas en Software Libre”.

Recuperamos a presentación de diapositivas da ponencia onde cita, ademais doutros institutos, ao IES A SANGRIÑA como exemplo no uso de Webs Dinámicas baseadas en Software Libre, tanto da plataforma DRUPAL “sangrinha.es”, sobre a que está construída o noso portal. como do MOODLE “sangrinha.com”, sobre o que temos as nosas aulas virtuais.

Intercambio con Argentona

Estes días alumnos do Instituto e membros das bandas de música da Guarda e do Rosal, a través do departamento de música do IES A Sangriña, están a participar nun intercambio co Instituto de Argentona. Celebraronse, con motivo da estancia dos Cataláns entre nos, diversos actos dos que podedes atopar unha reportaxe fotográfica na galería do Instituto.

Foto dos compoñentes do Instituto de Argentona na Igrexa Parroquial

 REPORTAXE FOTOGRÁFICA


Intercambio con Italia

Un ano máis os alumnos do I.E.S. A Sangriña farán un intercambio coa alumnos italianos da cidade de Terni. Os nosos alumnos sairán o vindeiro día 9 de Febreiro e votarán alí unha semá.

 

Mentres que os alumnos italianos virán do 20 ao 27 de Abril.

Itercambio con Italia

09/02/2007 13:02
16/02/2007 13:02
Etc/GMT

Un ano mais os alumnos do I.E.S. A Sangriña farán un intercambio cos alumnos italianos da cidade de Terni. Sairán o vindeiro día 9 de Febreiro pa votar alí unha semá. Mentres que os alumnos italianos viran do 20 ao 27 de Abril.

IES A Sangriña

 
 
IES A Sangriña
Paseo de Portugal 21
36780 - A Guarda (Pontevedra).
Teléfono: 886 110 060
Fax: 886 110 066
Correo electrónico: ies.sangrina@edu.xunta.es
Distribuir contido


by Dr. Radut