O pasado venres, 15 de decembro, o alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato asistiu no Salón Teatro á representación da obra Fémina Sapiens de INVERSA TEATRO.
Na mañá do día de hoxe o Teatro Principal de Santiago acolleu o acto central polo 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, dentro da campaña "Compostela en negro". Sobre o escenario Noa e Antía, en representación do noso centro, deron lectura a un texto sobre a discriminación sufrida polas mulleres. Tamén participaron no acto alumnas e alumnos dos IES Arcebispo Xelmírez I, Lamas de Abade e Rosalía de Castro.
Ao longo destes días continuamos co desenvolvemento das actividades en relación co Día internacional contra a violencia de xénero, que comezamos a pasada semana cunha serie de charlas-coloquio organizadas polo departamento de filosofía. En particular, para o día de mañá 23 de novembro, en colaboración coa Federación de ANPAS de Compostela, temos prevista unha concentración no patio da entrada ás 12:10 h coincidindo co segundo recreo. Se a situación meteorolóxica é adversa, a concentración trasladarase ao vestíbulo do centro.
O pasado venres 17 de novembro o departamento de filosofía do noso centro organizou un encontro entre o alumnado da materia de psicoloxía de 2º de bacharelato e a investigadora Montse Fernández Prieto da Fundación Ramón Domínguez e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.
O terceiro xoves do mes de novembro celébrase, cada ano, o Día Mundial da Filosofía para recordar a importancia da reflexión filosófica e animar as persoas de todo o mundo a compartir a súa herdanza filosófica entre si. Co gallo desta celebración, ao longo desta semana, o Departamento de Filosofía do noso centro organizou unha serie de charlas-coloquio dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.
O pasado mércores 15 de novembro, celebrouse no Centro Sociocultural José Saramago de Vite o trinta aniversario do Plan Comunitario do barrio. O programa de actos incluiu a presentación da exposición “30 anos facendo barrio”, a proxección do documental “Brancos, marróns, verdes e grises” e actuacións musicais a cargo de alumnas e alumnos do noso centro.
Co gallo do 25 de novembro, día Internacional contra a violencia de xénero, o IES Arcebispo Xelmírez II súmase á campaña promovida polo Concello de Santiago de Compostela #EnNegroContraAsViolencias.
Os medios de comunicación galegos, prensa e televisión, fixeronse eco no día de onte da Xornada de adestramento masivo en soporte vital básico que se celebrou na Cidade da Cultura, organizada polas Consellerías de Educación e Sanidade, e na que participou o noso alumnado de 2º ESO xunto con alumnado doutros centros.
Está mañá celebrouse na Cidade da Cultura unha xornada de formación temperá en soporte vital básico (SVB) cun adestramento masivo no que participou boa parte do alumnado de 2º ESO do noso centro. A actividade foi organizada polas Consellerías de Educación e Sanidade, a través da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061. No adestramento tiveron ocasión de familiarizarse, entre outras cousas, coas prácticas básicas de RCP, como se pode ver na imaxe sobre estas liñas.
Cada 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia en Galego que en 2017 chega xa a súa oitava edición. A temática elixida para este ano é a de "Viaxes pola Ciencia", polo que o Equipo de Dinamización Lingüística do centro, FalaX2, organizou, para comenzar coas celebracións no día de hoxe, un encontro co científico Luis Sampedro que falou co alumnado de 1º e 3º ESO da súa experiencia investigando na Antártida.
A listaxe definitivas das axudas da convocatoria "Fondo Libros" - Orde do 16 de maio de 2017 (DOG do 22 de maio)-están a disposición das familias na oficina do centro.
En cumprimento do establecido no Artigo 18. 1 da citada Orde, están publicados no taboeiro de anuncios.