Saída do alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato a ver a obra Fémina Sapiens no Salón Teatro
O pasado venres, 15 de decembro, o alumnado de psicoloxía de 2º de bacharelato asistiu no Salón Teatro á representación da obra Fémina Sapiens de INVERSA TEATRO.
Según explica a compañía na sua web:
Fémina Sapiens é un só teatral escrito e interpretado por Marta Pérez e dirixido por Carlos Álvarez-Ossorio onde se pon de manifesto a pregunta sobre se é posible a evolución en torno ao aspecto Sapiens - ou se, polo contrario somos máis proclives á involución -.
Fémina Sapiens é un personaxe que tenta buscar e analizar cal é o elo perdido entre a racionalidade e moral pasando polos estadios íntimos de violencia existente en tres relacións fundamentais: a amizade, a familia e o amor.
Un dos mellores momentos da xornada foi cando a protagonista recibiu ao alumnado no esceneario ao rematar a obra. Estivo a charlar con eles sobre o significado do texto, sobre as súas opinións e sensacións... Alumnos e alumnas quedaron encantados coa obra e moi agradecidos pola acollida da artista.
Máis información | INVERSA TEATRO