Skip to Content

Celebramos o Día Mundial da Filosofía co alumnado de ESO e Bacharelato

O terceiro xoves do mes de novembro celébrase, cada ano, o Día Mundial da Filosofía para recordar a importancia da reflexión filosófica e animar as persoas de todo o mundo a compartir a súa herdanza filosófica entre si. Co gallo desta celebración, ao longo desta semana, o Departamento de Filosofía do noso centro organizou unha serie de charlas-coloquio dirixidas ao alumnado de 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.

Cómpre salientar que as charlas "Igualdade, xénero e diversidade" para o alumnado de ESO e "Xénero, diversidade, discriminación e violencia" para o alumnado de 1º de Bacharelato, a cargo de Anabel Beniscelli Taibo, profesora da Facultade de Psicoloxía da Universidad de la República Oriental del Uruguay, encádranse ademais no marco das actividades que se desenvolven nestes días no centro en relación co Día Internacional contra a violencia de xénero.

O conxunto de actividades do Día Mundial da Filosofía completouse coa charla dirixida ao alumnado de 2º de Bacharelato, "Que aporta a psicoanálise para comprender ás persoas hoxe", que contou tamén coa intervención de Álvaro Zas Ibarra, profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidad de la República Oriental del Uruguay e psicoanalista clínico, que conversou coas alumnas e alumnos a través de Skype desde Montevideo.

Máis información | Proxecto CRAM da Facultade de Psicoloxía da UDELAR



story | by Dr. Radut