Skip to Content

"Este club alienta a futuros científicos". A nosa experiencia co Club de Ciencia ImAXIInacción (Faro de Vigo, La Opinión A Coruña)

Nova convocatoria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería

Ábrese unha nova convocatoria para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería.

INICIO DAS ACTIVIDADES LECTIVAS CURSO 2017-18

Informe licitación cafetería

Informe de valoración das ofertas, segundo o apto. 7.2 da Instrución 7/2017, de 30 de maio, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria; en base aos criterios sinalados no apto. 7.1 da antedita instrucción

Modificación dos prazos de xestión do fondo solidario de libros de texto

Ao amparo do establecido no Artigo 19.2 da ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18, segundo o que

Relación libros de texto curso 2017-18 (actualizada)

Publícase relación actualizada dos libros de texto para o ano académico 2017-18, corrixido o erro no ISBN do libro de matemáticas (orientadas ás ensinanzas académicas) de 3º ESO.

CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA DO CENTRO

En virtude da Instrución 7/2017, do 130 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e O.U., e da folla de especificacións técnicas e condicións xuntas; así como da lexislación vixente aplicable, a Dirección do IES Arcebispo Xelmírez II

Convoca

Procedemento de contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do citado centro.

"Toda unha vida no ensino". Entrevista á nosa compañeira Elvira Cienfuegos (La Voz de Galicia)

Enriquecedora e moi divertida, así foi a nosa experiencia na Feira de Proxectos de Piteas

A piques de rematar o curso chega o momento de compartir experiencias dos proxectos desenvolvidos ao longo do mesmo. Como moitos de vós xa sabedes o noso IES está formando parte do programa Piteas, colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Barrié e a Universidade de Santiago de Compostela.

Neste ano académico desenvolvimos, co alumnado de 1º ESO, un ambicioso proxecto orientado á mellora das instalacións e do clima de convivencia no centro e na tarde do venres 9 de xuño participamos, xunto cos outros 7 centros que forman parte do programa, na Feira ideada para expoñer e compartir proxectos, na Cidade da Cultura. No noso stand, a maqueta de redeseño das aulas foi unha das grandes protagonistas.

II Premio Ofelia Devesa de Educación Activa. Ceremonia de entrega de premios

O pasado venres tivo lugar no IES Arcebispo Xelmírez II a ceremonia de entrega dospremios Ofelia Devesa de Educación Activa 2016-2017. A temática do premio, xa na súa segunda edición, foi neste curso a divulgación de experiencias innovadoras. Durante a gala de entrega de premios, proxectáronse no salón de actos do centro os videos presentados polo alumnado participante, antes de comunicar os nomes dos gañadores e proceder á entrega de diplomas.

Xunto coas alumnas e os alumnos premiados, na imaxe sobre estas liñas, de esquerda a dereita: Manuel Otero Raña, profesor xubilado do IES Arcebispo Xelmírez II; Moisés Iglesias González, profesor de tecnoloxía e coordinador TIC do centro: Ana María Carbajo Regueiro, experta en deseño gráfico e multimedia e exalumna do centro; Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil na Universidade Complutense de Madrid, exalumno do Instituto Arcebispo Xelmírez e promotor do premio; Ana María Alonso Rodríguez, directora do centro; Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Manuel Dios Diz, Concelleiro de educación e cidadanía de Santiago de Compostela.

Finalmente os alumnos e alumnas premiados foron: 

O noso equipo de dinamización lingüística premiado no concurso de fotos para #quesevexaogalego

Onte rematou o prazo de publicación de fotos en Twitter para participar no concurso #quesevexaogalego da CTNL - Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.  

O noso equipo de dinamización lingüística, coa súa conta @Fala_X2 na que podedes ver todas as fotos, resultou premiado pola súa participación. En grande medida o éxito debémosllo ao alumnado de 1º ESO que foi a máis entusiasta aportando frases e fotos. 

Graduación Promoción 2011-2017

O venres 19 de maio, no Auditorio de Abanca, celebramos o acto de Graduación do alumnado de 2º de Bacharelato, da promoción 2011-2017. Parabéns á comunidade educativa do Arcebispo Xelmírez II!

 

Publicación de listaxes das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017

Publicadas as listaxes correspondentes ao disposto no artigo 15.3 da Orde do 2 de febreiro de 2017 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2017, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.(DOG do 27/02/2017), unha vez rematado o prazo establecido no artigo 15.2 desta Orde de convocatoria:

 Así mesmo, estas listaxes, así como as instrucións correspondentes, poderán consultarse na web da convocatoria ( http://www.edu.xunta.es/axudasle ).

"En galego sen cancelas" participamos no Correlingua 2017... e con premio!

O alumnado de 1º ESO, da man do equipo de dinamización lingüística do centro, participou esta semana no Correlingua 2017. Baixo o lema "En galego sen cancelas" camiñaron, cantaron en bailaron como eles mesmos contan no blogue FalaX2. Ademáis gañaron o 2º premio no concurso de pancartas para animar a celebración. 

Na imaxe baixo estas liñas podedes ver algúns alumnos e alumnas, na praza da Quintana, recibindo o premio. Sobre estas liñas, o video, creado polo equipo de dinamización, resumo da experiencia.

Vista do alumnado de 2º ESO á Casa das Ciencias de A Coruña

Cerrando a semana que mais actividades complementarias e extraescolares concentra no noso IES, o alumnado de 2º ESO visitaba hoxe a Casa das Ciencias de A Coruña. A visita comenzou coa visualización no planetario da película "Da Terra ao Universo", un espectacular viaxe de 30 min no tempo e no espazo, e coa explicación do ceo de primavera que poderemos do que poderemos disfrutar esta noite con visualización en tempo real.

Distribuir contido


by Dr. Radut