Skip to Content

Modificación dos prazos de xestión do fondo solidario de libros de texto

Ao amparo do establecido no Artigo 19.2 da ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18, segundo o que “Os prazos para realizar os actos de xestión indicados nas letras anteriores poderá fixalos o centro, en función das súas necesidades, e deberá publicalos no seu taboleiro de anuncios e/ou páxina web, de forma que quede garantido que os representantes legais do alumnado os coñecen con antemán”, o IES Arcebispo Xelmírez II, por razóns sobrevidas a partires do 7 de xullo, data  indicada na Orde do 16 de maio “para gravar solicitudes e emendas” (a) establece os seguintes prazos:

 

b)  Para publicar as listaxes provisionais (ESO): o 19 de xullo.

c)   Para gravar o resultado das reclamacións: o 26 de xullo.

d) Para publicar as listaxes definitivas de ESO (1º, 2º, 3º e 4º): o 15 de setembro.

 

 

 

 



story | by Dr. Radut