Skip to Content

"Toda unha vida no ensino". Entrevista á nosa compañeira Elvira Cienfuegos (La Voz de Galicia)

«En Santiago por calquera sitio que te movas ves xente cultivando a súa horta» Nome. Profesión. Rincón elixido.

 

É de Lourenzá, dunha aldea que perdeu xente pero aínda segue tendo escola. Na súa época había feminina e masculina, e Elvira Cienfuegos (1953) xa era daquela boa estudante. Así que con dez anos marchou a Ribadeo, «ás veces queixábame, pero xa me dicían meus pais: ‘ou así ou quedar na aldea’». Seguiu coa súa carreira académica, primeiro nun instituto de Lugo e finalmente en Santiago. Na capital lucense vivía nunha residencia: «Eramos moitas, estabamos moi a gusto e a verdade é que teño moi boa memoria daqueles tempos», conta Cienfuegos.

Ler a nova completa en La Voz de Galicia edición Carballo ou Ordes



story | by Dr. Radut