Como remate das actividades que o centro preparou para festexar as nosas letras, o luns 31, derradeiro día do mes de maio, recibimos a visita do escritor Séchu Sende.
Xosé Luís González Sende, máis coñecido como Séchu Sende, naceu en Padrón en 1972. Iniciouse como poeta vinculado ao Colectivo Poético Serán Vencello, formando parte da xeración dos 90 e que máis tarde se revelou tamén como un dos narradores de principios do século XXI. Foi un dos fundadores do proxecto editorial Letras de Cal, no que publica o seu primeiro libro Odiseas en 1998. Licenciado en Filoloxia Galego-Portuguesa, como sociolingüista foi cofundador da Cooperativa Tagen Ata, Língua e Comunicación. En 2003 gaña o Premio Blanco Amor coa novela Orixe. O seu último libro é o conxunto de relatos curtos Made in Galiza (2007), que recibiu o Premio Anxel Casal ao Mellor Libro do Ano, concedido pola Asociación de Editores Galegos.
Tamén é domador de pulgas no Circo de Pulgas Carruselo, máis coñecido como Galiza Pulgas Circus.
Mais info:
Séchu na Wikipedia
O inglês que inventou a palavra "boinho"
Blog do Séchu