Skip to Content

contador gratis para blog

Actividades, ANPA, Novas

VISITA DO CPI DE ARES A CEA

Os días 6 e 7 de Febreiro, os nosos alumnos de 4º da ESO recibiron a visita dos alumnos do mesmo curso do CPI de ARES. O motivo desta visita era realizar unha tarefa conxunta baseada na aplicación da Bioloxía (xenética, ecoloxía, biotecnoloxía...) ó mundo empresarial, contando cos produtos da terra, neste caso do viño. 

 A idea xurde porque en moitas ocasións, os nosos alumnos consideran a Bioloxía unha material totalmente teórica, e que soamente ten aplicación na área de mediciña. Nos pretendemos demostrarlle que o campo da Bioloxía é moi amplo e que podemos empregalo no ámbito empresarial. 

 Decidimos que para demostrarlle que eso era posible, íamos a estudar o cultivo do viño e como este cultivo influiu no desenvolvemento dunha comarca como é a zona de Oseira, San Clodio e o Ribeiro. 

 

Comenzamos coa visita a Oseira, que era obrigada, porque foi aí o lugar onde se fomentou o cultivo da viño que posteriormente se extendería ao resto da comarca.

 Despois visitamos a Estación Vinícola e Enolóxica de Galicia (EVEGA), que naceu para fomentar o desenvolvemento do sector vinícola da nosa comunidade. Neste centro estanse realizando análises dos diferentes viños, así como as súas propiedades, e tamén posuen un banco de xenético de vides de Galicia.

 Por último, visitamos a Adega de Coto de Gomariz que fabrica viños procedentes da selección das 27 hectráreas que posee a adega no Val do Avia na D.O. Ribeiro. Nos últimos 5 años, a adega foi premiada pola Asociación de Sumelieres de Galicia, Gallaecia. Todo isto, permitiulle elaborar dende viños brancos anuais, ata viños tintos de alta expresión e longas crianzas en barrica de carballo, pasando por brancos fermentados e criados tamén barrica. 

 Con esta visita, pretendemos demostrarlles aos alumnos, que se pode ser emprendedores con produtos da terra, fomentando o desenvolvemto da zona, así como que vexan a aplicación da biotecnoloxía aos recursos naturais.

 

LETRAS GALEGAS 2014

Na vindeira semana conmemoraremos as "Letras Galegas 2014", que como xa sabedes, celébranse o 17 de maio (sábado). Este ano adícase a Xosé María Díaz Castro.

Se ti les, eles len

O equipo da biblioteca do CPI Virxe da Saleta propón aos alumnos do centro e as súas familias unha actividade para fomentar a lectura na nosa comunidade escolar e ao mesmo tempo conmemorar o Día do Libro, que se celebrará o vindeiro mércores 23 de abril. A actividade consiste en que os rapaces acheguen ao centro unha fotografía na que saian eles lendo xunto con alguén da súa familia (pai/nai, avós, irmáns...). As fotos enviaranse a ticscea@gmail.com, ou copiaranse nun pendrive e entregaránselle ao encargado da biblioteca ata o venres día 11 de abril. Unha vez recopiladas todas as fotos, estas exporanse na biblioteca en diversos formatos.

O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ...A MECA MANDA VIR ASÍ...

O Entroido chegou ao cole de Cea, e todos nós educadamente faremos o que a MECA nos ordea

 

Hoxe luns, como "ANIMAIS" ruximos.

Mañá martes con "DEPORTES" saltaremos.

O mércores ... xa veremos!

O Mapa das Emocións

Un ano máis celebramos  o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Lembraredes que o ano pasado o noso leit motiv foi a Alegría. Cantamos aquela bonita canción de Sergio Tannus xuntos na entrada do colexio acompañados ao piano pola profe Anna Bosak. Nesta ocasión afondamos na mesma idea: a felicidade. A comunidade escolar do CPI Virxe da Saleta estamos convencidos de que a mellor maneira de convivir en paz os uns cos outros é estar felices. Querer e deixarnos querer. Sentir os afectos dos que nos rodean. Os coidados e os sentimentos son a chave para unha convivencia pacífica en sociedade. Na escola, na casa, no pobo, no país e no mundo. Só tecendo eses fíos que nos unen a unhas persoas coas outras seremos capaces de construir a paz. Por iso o traballo deste día é o #MapadasEmocións. Unha narración oral acompañada coa preciosa música de Ludovico Eunaldi onde o alumnado do centro conta que é aquelo que lles fai felices, que lles fai sentir ben, sentirse queridos polos demais. Agardamos que a súa escoita sirva de inspiración para todos. Sobre todo para os maiores, que nunca deixaremos de aprender das palabras sabias dos pequenos.

 

Almorzos Saudables

Os Almorzos Saudables son un novo servizo que ofrece o centro para dar resposta á necesidade de conciliar a vida familiar, laboral e escolar. Grazas á colaboración do Concello de Cea e máis a ANPA, a partir do 1 de febreiro, aquel alumnado que o desexe disporá dun servizo de almorzo máis actividades en horario de 8:30 a 10:30. Nos vindeiros días enviaremos unha circular informativa a todas as familias sobre este novo servizo.

 

 

Plan Proxecta: Nós comemos froita, e tí?

Un ano máis o noso Centro vai participar no Plan Proxecta: desenvolvendo o proxecto “Froita na escola” no que participa o alumnado de Educación Infantil. Damos así continuídade ao programa xa desenvolvido no curso anterior, poñendo como obxectivo a promoción dunha alimentación saudable tendo como referencia a froita.

Probando diferentes froitas comprobarán os seus beneficios dende un enfoque globalizador onde estarán presentes as TICs, a música e o inglés. Trataremos de implicar ás familias na comprensión da importancia que ten a froita na alimentación.

AS NOVAS MASCOTAS DOS NENOS E NENAS DE INFANTIL

HOLA NENOS E NENAS SOMOS "MANCHIÑAS", "VALENTINO" E "RAI" AS NOVAS MASCOTAS DE INFANTIL. ESTAMOS ENCANTADOS DE CONVIVIR ESTE CURSO CON VÓS, ABOFÉ QUE VIVIREMOS MOITAS AVENTURAS XUNTOS.

MASCOTAS INFANTIL 2013

POLO SAMAÍN, A TÚA CABACIÑA VAI DE FESTÍN

SAMAÍN

A Vella Auria

O día 30 de maio os alumnos e alumnas de 3º ciclo de Primaria fomos de visita a "Vella Auria".

Aínda que parecía que xa coñeciamos todo de Ourense decátamonos de que non era así. Visitamos as Burgas e a Catedral adicada a San Martiño...

Voltamos ao século XIX no Paraninfo do IES Otero Pedrayo, cruzamos polo vía romana da Ponte Vella.

Relaxámonos nas Termas de Outariz e ...

desfrutamos dunha paisaxe paradisíaca, coma auténticos romanos!!

Distribuir contido


by Dr. Radut