O 1 de xuño de 2015 a Secretaría Xeral Técnica desta consellería ditou a instrución 1/2015 que establece as liñas xerais de organización e funcionamento, para o curso escolar 2015/2016, dos comedores escolares de xestión directa dos centros docentes públicos que impartan os niveis de ensino obrigatorio e de oferta obrigada.
Os alumnos que fagan uso do servizo de comedor do Centro deberán cubrir un impreso Anexo II (ver arquivos adxuntos) para determinar, en función da renda neta per cápita da unidade familiar, se teñen que pagar ou non por dito servizo.
O prazo para presentar no Centro o Anexo II debidamente cumprimentado remata o día 26 de xuño de 2015.