Skip to Content

Candidaturas dos Sector de Nais/pais ao Consello Escolar

Comunicación das candidaturas do sector de nais/pais para a votación que terá lugar o vindeiro MARTES DÍA 19 DE NOVEMBRO DE 2024 de 13.30 a 17.30 horas no colexio.

CIRCULAR

ELECCIONS DE REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR 2024 - CONVOCATORIAS

Durante o mes de novembro realizaranse as votacións para elección de representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar do centro(Renovación 2024).

Nesta páxina poderanse consultar os distintos documentos que se vaian publicando: o calendario, as convocatorias e os impresos para a presentación de candidaturas, actas,...

Os censos de electores estarán expostos nos taboleiros do centro para a súa comprobación desde o día 29. O prazo para reclamacións aos censos remata o día 6 de novembro.

DOCUMENTACIÓN

Mércores 30 de outubro: MAGOSTO - SAMAÍN - CARREIRA SOLIDARIA "A volta ao cole"

O vindeiro MÉRCORES 30 DE OUTUBRO, se o tempo o permite, celebraremos o tradicional MAGOSTO no centro, con proba de castañas e xogos tradicionais.

Aproveitando esta xornada tamén celebraremos o “SAMAÍN” e participaremos na “IX EDICIÓN DA VOLTA AO COLE”.

Para coñecer todo o programa abrir os seguintes enlaces. 

 

                               PROGRAMA COMPLETO

                               

                                CARTEL "SAMAWEEN"

CONCURSO DE MICRORRELATOS "ARREPÍOS E OUTROS MEDOS"

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPIP de Vedra anima a todo o alumnado de 5° e 6° de primaria e 1°,2°,3° e 4°  de ESO a participar no Concurso de Microrrelatos "ARREPÍOS E OUTROS MEDOS" (escritos ou en podcast). Poñédevos mans á obra porque,entre outros premios, podedes gañar unha cea para dous en "O'98" (San Mamede) ou un almorzo no "Codia Sacra" (Lestedo). Moita sorte!

 VER CARTAZ ANUNCIADOR

ANUNCIO SORTEO XUNTA ELECTORAL ELECCIONS REPRESENTANTES NO CONSELLO ESCOLAR - 2024

Con motivo das eleccións para renovación de representantes no Consello Escolar dos distintos sectores da comunidade educativa que terá lugar no mes próximo, anúnciase que o vindeiro VENRES día 18 de outubro, ás 12:00 horas, terá lugar o sorteo público para designar os membros da Xunta Electoral que supervisará o desenvolvemento do proceso.

Ver anuncio completo

 

ASEMBLEA XERAL DA ANPA " A BOCA"

A Xunta Directiva da ANPA “A Boca” do CPI Plurilingüe de Vedra lembra a Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as de hoxe xoves, 10 de outubro, ás 18:45 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 en segunda convocatoria, na Biblioteca Municipal do Concello de Vedra,

VER CONVOCATORIA COMPLETA

MENÚS COMEDOR ESCOLAR

 

   CURSO 2024-2025  
SETEMBRO 2024 FEBREIRO 2025
OUTUBRO 2024
       MARZO 2025       
 NOVEMBRO 2024 ABRIL 2025 
 DECEMBRO 2024 MAIO 2025
 XANEIRO 2025  XUÑO 2025 

COMEZO DE CURSO

Mañá mércores, día 11 de Setembro, dan comezo as clases en todas as etapas. O horario de entrada será o habitual, ás 9:00 h., funcionando o transporte e comedor con normalidade (agás 4º de Infantil). O titores agardarán ao alumnado dos seus grupos para logo acceder seguindo os chamamentos.

DATOS DO CENTRO. CONTACTO

Denominación: CPI Plurilingüe de Vedra

Enderezo: Avda. Mestre Manuel Gómez, 36. 15885 - VEDRA (A Coruña)

Teléfono: 881867015 - 881867020

Teléfono urxencias: 696454033

Fax: 881867021

E-mail: cpi.vedra@edu.xunta.gal

Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpidevedra

CALENDARIO ESCOLAR 2024-2025

Distribuir contido


by Dr. Radut