Skip to Content

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS E VISITAS AO CENTRO 2024 - FAMILIAS NOVO ALUMNADO

O CPI PLURILINGÜE DE VEDRA ofrece a posibilidade de visitar o centro ás familias do novo alumnado que vaia solicitar plaza no centro, así como as familias do alumnado procedente de centros adscritos no proceso de reserva xa realizado.

As visitas organizaranse en función das peticións e de acordo co seguinte calendario:

      • PERÍODO: Do 1 ao 20 de marzo de 2024
      • DÍAS: Luns e Xoves ás 16:00 horas.

Para poder participar nestas visitas deben reservar a data previamente por un dos seguintes medios:

  • Chamando ao teléfono 881867015 en horas de 10 a 14 horas.
  • Enviando un correo electrónico ao correo do centro cpi.vedra@edu.xunta.gal

En caso de imposibilidade de realizar a visita nun deses días, poderase estudar a posibilidade de facela outro día, previa solicitude á dirección  do centro.

RESERVA DE PRAZA CENTROS ADSCRITOS - 2024/2025

En relación co proceso de Reserva de praza para o curso 2024/2025 neste centro desde os centros adscritos (CRA Boqueixón-Vedra e CEIP de Ortigueira), comunicamos que todas as solicitudes están admitidas.

Procedentes do CRA BOQUEIXÓN VEDRA:

1º Primaria: 1 solicitude admitida.

3º Primaria: 9 solicitudes admitidas.

Procedentes do CEIP DE ORTIGUEIRA:

1º ESO: 9 solicitudes admitidas.

Vedra a 22 de febreiro de 2024

Charla ANPA: "As pantallas a debate: o papel de Edxigal no desenvolvemento das competencias do alumnado”

O próximo xoves 8 de febreiro ás 18h A ANPA "A Boca" acolle a charla gratuíta "As pantallas a debate: o papel de Edxigal no desenvolvemento das competencias do alumnado”, impartida por Fernando Fraga Varela, especialista en tecnoloxía educativa e membro do grupo de investigación Stellae da USC, e que terá lugar na Biblioteca Municipal. 

Nesta charla abordaranse os pros e contras desta plataforma, e a súa incidencia ou non, na aprendizaxe do alumnado e no desenvolvemento da competencia dixital.

Inscricións (aforo limitado): https://forms.gle/f8zbkAKVykshC35FA

Ofrécese servizo de conciliación gratuíto (previa solicitude).

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS_2024_25

O alumnado de 4º ESO do noso centro debe facer a reserva de praza entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro para escolarizarse o vindeiro curso nos centros adscritos correspondentes (IES A Pontepedriña, IES Lamas de Abade).

O alumnado  de 6º Infantil e  2º de Primaria do CRA Boqueixón-Vedra e o de 6º Primaria do CEIP Ortigueira - Santa Cruz de Rivadulla debe facer a reserva de praza, tamén  entre o 15 de xaneiro e o 5 de febreiro, para escolarizarse no noso centro o vindeiro curso.

Premendo no seguinte enlace poden acceder á aplicación de admisión de alumnado https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

No enlace https://www.edu.xunta.gal/axudaplicacion/files/admisionalumnado/ED550A-G.pdf poden descargar o impreso da solicitude, que igualmente está a disposición na secretaría  do centro, así como o Anexo I_bis que debe acompañar a solicitude, e copia do libro de familia ou documento equivalente (DNI) no que figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras.

NORMATIVA: ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

O resto do alumnado actual do centro ten a permanencia garantizada sen facer ningún trámite.

FELICITACIÓN E RECOMENDACIÓNS LECTORAS

En primeiro lugar, queremos agradecer a colaboración recibida na Operación QUILO, realizada esta semana.

Aproveitamos para recomendarlles lecturas para o NADAL co habitual boletin da BIBLIOTECA que podedes ver no enlace

https://revistafiadeiro.blogspot.com/2023/12/boletin-de-recomendacions-lectoras.html

E finalmente desexarlles a toda Comunidade educativa do CPI Plurilingüe de Vedra unhas Felices Festas e un moi bo comezo do ano 2024.

 

DIA NON LECTIVO ELIXIDO POLO CENTRO: VENRES, 13 DE OUTUBRO

De acordo co establecido no punto 2 do artigo 7 da ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, o CONSELLO ESCOLAR do CPI Plurilingüe de Vedra acordou solicitar como día non lectivo no presente curso escolar o venres, día 13 de outubro de 2023, sendo autorizado pola Xefatura Territorial.

Ver calendario actualizado

CALENDARIO ESCOLAR. CURSO 2023-2024

Distribuir contido


by Dr. Radut