Skip to Content

LIBROS DE TEXTO - LISTAS MATERIAL - 2024/2025

Nos seguintes enlaces pódense consultar as listas de libros de texto para o curso 2024/25.
Lembramos que a partires de mediados de xullo saírán publicadas as adxudicacións de libros do Fondo Solidario para 3º/4º de Primaria.
A partires do 15 de xullo poderán recollerse os vales de libros (1º-2º Primaria) e vales de material por aqueles solicitantes con dereito ao mesmo.

 MATERIAL COMPLEMENTARIO:

LEMBRAMOS: IMPRESO AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR

Lembramos, aos que aínda non o fixeron, que durante este mes de xullo deberase presentar o impreso de autodeclaración de comedor escolar para poder ter dereito ao uso deste servizo.

Todos os solicitantes de comedor están admitidos.

LISTAXES PROVISIONAIS - FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO_2024_25

Comunicamos que están publicadas nos taboleiros do centro as listaxes provisionais do Fondo solidario de libros de texto para os cursos de 3º/4º de Primaria, co número de libros que se asignarán.

Lembramos que hai dous días para presentar reclamacións a estas listaxes (ata o xoves 18 de xullo).

Así mesmo tamén están dispoñibles os vales de libros de texto (1º/2º Primaria) e vales de material (todos os niveis de Primaria e ESO) para aqueles alumnos/as con dereito a eles. 

 

AVISO IMPORTANTE: IMPRESO DE AUTODECLARACIÓN DE COMEDOR

Recibida da Consellería CORRECCIÓN DE ERROS para a AUTODECLARACIÓN de comedor, que afectan aos casos de CUSTODIA COMPARTIDA e as PARELLAS DE FEITO que xa teñan presentado o impreso desta autodeclaración, polo que necesitamos que se poñan canto antes en contacto co centro.

Aproveitamos para lembrar a todos que o prazo para a presentación deste impreso é todo este mes de xullo.

 

NOVO IMPRESO DE AUTODECLARACIÓN

COLABORADORES DE COMEDOR

Está aberto o prazo para admisión de colaboradores voluntarios para atención do alumnado usuario de comedor escolar para o curso 2024-25. Estará aberto inicialmente ata o día 8 de setembro de 2024.

As condicións de colaboración poden verse na Instrucción 1 de Comedores de Xestión Directa, que se adxunta como anexo.

Animamos e agradecemos a colaboración neste servizo pois doutro xeito non sería posible.

 ANUNCIO COLABORADORES

INSTRUCION 1 - Comedores XD

 

FONDO SOLIDARIO / AXUDAS LIBROS TEXTO E AXUDAS MATERIAL - 2024/25

Aberto o prazo para solicitar o FONDO SOLIDARIO de Libros de texto (3º/4º de Primaria), AXUDAS para adquirir libros de texto (1º/2º Primaria) e AXUDAS para material escolar (Todo o alumnado de Primaria e ESO)

Presentación por Sede electrónica Xunta ou de forma presencial no centro.

Prazo: Ata o 21 de xuño de 2024 (incluído)

 Para calquera dúbida poden dirixirse á Secretaría do centro.

SOLICITUDE SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE - CURSO 2024/25

SOLICITUDE SERVIZOS DE COMEDOR E TRANSPORTE - 2024/25

Todo o alumnado actual do centro debe facer a solicitude dos servizos de comedor e transporte para o vindeiro curso 2024/25.

Nesta semana enviamos o impreso da solicitude polo alumnado e deberá ser cuberto e remitido antes do 24 de maio de 2024Debe entregarse en secretaría directamente ou a través dos/as titores/as dos grupos.

O impreso tamén está dispoñible no fondo desta nova, como formulario autocompletable e imprimible, por se perderan o remitido polos nenos/as. O impreso debe remitirse asinado en papel ou por correo electrónico con sinatura dixital.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto co centro nos teléfonos habituais ou por correo electrónico.

VER IMPRESO 

 

BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (ANEAE)

 

Desde o día 30 de abril de 2024, está aberto o prazo para solicitar as bolsas de axudas para alumnado con necesidades especifícas de apoio educativo (NEAE) e remata o 13 de setembro de 2024.

 

Enlace á páxina do ministerio: https://www.educacionfpydeportes.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2024.html

LISTAXES DEFINITVAS DE ADMITIDOS - NOVO ALUMNADO POR ADMISIÓN

Infórmase que están expostas as listaxes definitivas de admitidos para o curso 2024-2025, polo proceso de admisión. Poden consultalas no taboleiro interior na zona de administración do centro, ou de forma telemática na aplicación de admisión. Todas as solicitudes presentadas foron admitidas

Lembren que deberán formalizar a matrícula presentando a documentación que se indicará, nas datas seguintes:

  • Infantil e Primaria:  do 20 ao 30 de xuño de 2024.
  • Secundaria: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2024.

PROCESO DE ADMISIÓN - NOVO ALUMNADO - CURSO 2024/2025

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN

CURSO 2024-2025

SEGUIMENTO DE SOLICITUDES PRESENTADAS DATA: 18-03-2024
4º infantil  12
1º Primaria  
2º Primaria  
4º Primaria  
6º Primaria  1
1ºESO  1
2ºESO  
3ºESO  
4ºESO  
Distribuir contido


by Dr. Radut