1. Ámbito do concurso
Co propósito de incentivar o uso responsable das pantallas, dende o CEIPP de Baño-Xanza organizamos o concurso de debuxo “Pantallas si, pero con sentidiño”, no que poderán participar a nivel individual nenas e nenos de entre 3 a 12 anos en 4 categorías. O obxectivo do concurso é seleccionar debuxos que axuden a promover un uso adecuado dos dispositivos dixitais.
2. Quen pode participar?
2.1. Nenos e nenas matriculados no CEIPP de Baño-Xanza, individualmente
Establécense as seguintes categorías de participación:
-Educación Infantil.
-1º Ciclo de Educación Primaria.
-2º Ciclo de Educación Primaria.
-3º Ciclo de Educación Primaria.
3. Cal é a temática do concurso?
O tema central do concurso é o uso responsable e saudable das pantallas (móbiles, tablets, tv, ordenadores…). Os debuxos poden incluír un slogan pero non é obrigatorio, deben promover alternativas ás pantallas ou exercer de crítica ao seu mal uso, e teñen que ser orixinais.
4. Requisitos
4.1. Data límite de presentación
O prazo para a presentación dos traballos rematará o 2 de decembro de 2024.
4.2. Formato de presentación
Os participantes poderán presentar cantos debuxos desexen. Pódese usar calquera técnica artística (excepto purpurina e tintas metálicas), sendo o formato de presentación o DIN-A4.
Os traballos presentaranse no centro educativo CEIPP Baño-Xanza xunto coa autorización dos pais/titores legais para poder participar.
4.3. Lugar de entrega da información
Os debuxos serán entregados ao profesorado do CEIPP de Baño-Xanza [Rúa Baño, S/N 36645, Xanza (Santa María), Valga].
5. Gañadores
Entre todos os debuxos recibidos, un xurado composto por 5 mestres/as do CEIPP de Baño-Xanza elixirá os gañadores en cada categoría. Valorarase a técnica, a innovación, a composición, a estética e a creatividade dos debuxos presentados. O fallo do xurado terá lugar o 5 de decembro 2024.
6. Premios do concurso
Cada gañador da súa categoría recibirá un diploma e un lote de agasallos.
7. Notificación dos gañadores
No prazo de 3 días desde a resolución do Xurado, o CEIPP Baño-Xanza porase en contacto cos participantes dos debuxos gañadores e cos seus pais/tirores legais. O fallo do xurado tamén se fará público na páxina web do CEIPP de Baño-Xanza.