Todas as persoas usuarias do comedor escolar ás que lle corresponde pagar algún dos prezos públicos deben facer o pago nos primeiros vinte días do mes seguinte. As formas de pagamento poden ser as seguintes:
- A través do Espazo Abalar: os impresos estarán dispoñibles directamente para os usuarios do Espazo Abalar sen necesidade de obtelos a través do centro. O pagamento por esta vía é comunicado automaticamente á aplicación COMEDORES, polo que non terán que presentar xustificante no centro.
- A través da Oficina Virtual Tributaria: as persoas interesadas poderán utilizar a oficina virtual tributaria para realizar os pagamentos de xeito telemático. Os suxeitos que opten por esta vía deberán presentar no centro, nos 20 días primeiros de cada mes, os xustificantes de pagamento correspondente. Dispoñedes do manual de pago a continuación. LEMBREN TAMÉN QUE DEBEN PORSE E CONTACTO CO CENTRO PARA QUE LLE ENVÍEN POR CORREO ELECTRÓNICO O IMPORTE DE CADA MES.
- Nas entidades bancarias autorizadas pola Consellería de Facenda: o centro entregará os impresos de pagamento, os suxeitos pagadores unha vez feito o ingreso deberán entregar no centro o xustificante para "A ADMINISTRACCIÓN", debidamente selados pola entidade bancaria de depósito.
Manual Pago Telemático Taxas Comedor.
Enlace á páxina de pagamento (OVT).
Video titorial para pagamento por Espazo Abalar