Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA, FALANGULLOS NA PENEIRA

MAGOSTO 2024

O pasado 23 de outubro celebramos o Magosto coa colaboración da ANPA e das familias do alumnado do centro.

Foi unha xornada moi especial na que os cativos e cativas puideron gozar de xogos tradicionais, cedidos por Cándido Mascato, así como do xa tradicional bolo preñado e castañas asadas pola ANPA. Tamén contamos coa participación das familias para levar a cabo uns obradoiros nos que o alumnado puido construir un xogo con material de refugallo e chapas.

Queremos agradecer ás familias a súa colaboración e participación para que este día fora posible.

No seguinte vídeo poderedes ver un resumo da xornada.

 
 
 
 

8 de MARZO no CEIPP BAÑO-XANZA

O 8 de marzo no nosos centro conmemoramos o 8 de marzo nomeando cada aula do noso centro con nomes de mulleres galegas.

DÍA DA LINGUA MATERNA E DÍA DE ROSALÍA

E aquí tedes o resumo en imaxes do que foi a celebración do día da lingua materna e de Rosalá no noso centro. Se queres poñerte a proba fai o noso encrucillado Rosaliano.<div style="width: 100%;"><div style="position: relative; padding-bottom: 56.25%; padding-top: 0; height: 0;"><iframe title="DÍA DA LINGUA MATERNA" frameborder="0" width="1200" height="675" style="position: absolute; top: 0; left: 0; width: 100%; height: 100%;" src="https://view.genial.ly/65db7f64db45b6001484a25f" type="text/html" allowscriptaccess="always" allowfullscreen="true" scrolling="yes" allownetworking="all"></iframe> </div> </div>

DÍA DA LINGUA MATERNA E DÍA DE ROSALÍA

 

PREME NO ENCRUCILLADO PARA RESOLVELO

Velada de Samaín 2023

Dende o EDLG quixemos celebrar o Samaín cunha velada terrorífica no centro para ao alumnado do terceiro ciclo. Foi un día, e unha noite, moi emocionante e coidamos que tanto para eles como para nós, inesquecible. Houbo moitos nervios, risas, sustos e algún que outro momento para, como ben dixo o noso amigo Brais Das Hortas na súa actuación, “caghar patatillas”.

No seguinte vídeo poderedes ver un resumo dalgunhas das actividades que levamos a cabo, coma os obradoiros de maquillaxe e arañas, a actuación de Brais das Hortas ou a xincana de medo polas dependencias do cole, coa que conseguiron premios para a actividade posterior de “cine de terror”.

Aínda que nin pegamos nin pegaron ollo en toda a noite, de seguro recordaremos está velada con moito agarimo e algún que outro grito.

 

MAGOSTO 2023

O pasado 27 de outubro celebramos o MAGOSTO no cole. Degustamos castañas asadas e bolos preñados. Desfrutamos xuntos de xogos populares e tradicionais, cedidos por Cándido Mascato, ao cal aproveitamos para agradecerllo.

Aquí deixamos un vídeo do mesmo.

LETRAS GALEGAS 2023

 

Este ano conmemoramos dun xeito diferente o día das letras galegas, adicado este 2023 a Francisco Fernández del Riego.LETRAS GALEGAS 2023
Desta volta disfrutamos duns xogos lingüísticos que nos permitiron coñecer un pouquiño mellor a vida e obra do autor.
Da man das nosas mestras e mestres disfrutamos dunha xornada moi divertida e diferente.
Para esta celebración tamén contamos coa colaboración dos nenos e nenas maiores, que nos ofreceron unha sesión de contacontos así coma unha
breve explicación de quen foi e a que adicou a súa vida Francisco Fernández del Riego.
Unha imaxe vale máis que mil palabras, aínda que desta volta, as palabras foron as protagonistas do día.
Picade no enlace para ver unha pequena escolma do noso día.

LETRAS GALEGAS 2023 CEIPP BAÑO-XANZA

Feliz día das letras!!

MAGOSTO 2022

LETRAS GALEGAS 2022

 
O pasado mes de maio, celebramos no colexio o Día das Letras galegas que neste curso adicouselle a Florencio Delgado. Para esta ocasión quixemos facer unha homenaxe moi especial á nosa terra e ao noso idioma a través dalgúns dos oficios tradicionais galegos que traballamos ao longo deste curso. Así foi como da man  dos acibecheiros/as, gandeiros/as, oleiros/as, cesteiros/as, artesáns do metal, artersáns musicais, mariñeiros e redeiras e incluso as palilleiras puidemos coñecer un pouquiño máis dos nosos costumes e tradicións, así como da riqueza dun  idioma propio.
No seguinte vídeo podedes ver unha pequena parte do traballo dos alumnos/as do CEIPP de Baño - Xanza que ao longo deste curso sirveu como fío condutor para as nosas conmemoracións.
Desexamos que sexa do voso agrado.

COMO ADOITA PASAR, NOS RESUMOS NON ENTRA TODO O QUE SE FIXO, ASÍ QUE SI QUEREDES VER MÁIS, MIRADE NESTES ENLACES.

Fotos e vídeos da exposición

Obradoiros e Obra de teatro

AS PANADEIRAS E PANADEIROS

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"AS PANADEIRAS E PANADEIROS"

AS TECEDOIRAS

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA, "AS TECEDOIRAS"

LUTHIER OU ARTESÁN?

LUTHIER OU ARTESÁN?

ESTA SEMANA APRENDEREMOS A DIFERENZA ENTRE O LUTHIER E O ARTESÁN DE INSTRUMENTOS MUSICAIS...

VIDE CONCURSAR COS FALANGULLIÑOS DE 5 ANOS!!!

OS GANDEIROS

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"OS GANDEIROS"

OS DESENFELUXADORES

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"OS DESENFELUXADORES"

O ENTROIDO

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"O ENTROIDO"

 

OS ACIBECHEIROS

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"....OS ACIBECHEIROS

OS CESTEIROS

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"....OS CESTEIROS

AS REDEIRAS

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"....AS REDEIRAS

 

25 N

O día 25 de novembro, no CEIPP Baño-Xanza, os mestres/as e alumnos/as manifestáronse contra a violencia de xénero, vestíronse de negro, como un xeito de facer ver o seu rexeitamento a este tipo de violencia.
Así mesmo, colgáronse arredor do centro sinais de tráfico coas frases escollidas polos alumnos/as do centro.

A violencia contra as mulleres é a máxima expresión de desigualdade de xénero no mundo e a súa erradicación o obxectivo da nosa sociedade actual: “Eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas nos eidos públicos e privados”.
Os centros educativos, como transmisores de coñecemento e valores reiteramos o noso compromiso coa loita contra todo tipo de violencia sobre as mulleres. Por iso, manifestamos que constitúe un dos nosos obxectivos prioritarios participar xunto cos poderes públicos e a sociedade no seu conxunto para contribuír a eliminar calquera forma de violencia cara ás mulleres.

OS MARIÑEIROS

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"....OS MARIÑEIROS

OS GAITEIROS

ESTA SEMÁN NOS "FALANGULLOS DA PENEIRA"....OS GAITEIROS

O NADAL

Esta semán nos Falangullos da Peneira imos falar da festa de Nadal...e aproveitamos para desexar unhas moi felices festas, a toda a comunidade educativa do noso colexio. Bo Nadal a todas e a todos!!

MAGOSTO 2021

MAGOSTO 2021

Olor a leña y castañas asadas...¡Época de magostos!

O próximo venres 29 de outubro celebraremos o Magosto no noso colexio.

Cada curso despois do recreo e na súa parcela correspondente (se chove, será nas aulas) poderá degustar as castañas asadas en colaboración coa ANPA do centro e un boliño preñado.

 

Só precisamos que traiades:

 

- Castañas xa picadas(antes do xoves)

- Un recipiente para as castañas.(A poder ser dun tetrabrik reciclado)

- Unha botella de auga.

 

Tamén faremos entrega dos diplomas pola elaboración do espantallo de todas as aulas do centro.

 

Un saúdo.

(O Equipo de A.E.C.)

OS CANTEIROS

ESTA SEMÁN EN FALANGULLOS DA PENEIRA...

OS CANTEIROS

O INICIO

COMO EMPEZOU TODO

PICA PARA ESCOITAR O FALANGULLO

FALANGULLOS NA PENEIRA

 

Benvidos aos falangullos na peneira!

Iso que todos e todas coñecedes por “podcast”,  na nosa lingua tenche un nome ben fermoso: FALANGULLO.  E iso é o que imos facer aquí.

Adicaremos cada falangullo que emitamos a falar dos oficios tradicionais da nosa terra, que por diversos motivos estanse perdendo. Estes traballos pertencen á nosa cultura  e forman parte da nosa identidade como pobo.

Cada falangullo que se vaia publicando achegaranos un pouco máis á realidade deses oficios.

VEREMOS SE ALGUÉN SE ANIMA A RECUPERALOS!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut