Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

25 N

O día 25 de novembro, no CEIPP Baño-Xanza, os mestres/as e alumnos/as manifestáronse contra a violencia de xénero, vestíronse de negro, como un xeito de facer ver o seu rexeitamento a este tipo de violencia.
Así mesmo, colgáronse arredor do centro sinais de tráfico coas frases escollidas polos alumnos/as do centro.

A violencia contra as mulleres é a máxima expresión de desigualdade de xénero no mundo e a súa erradicación o obxectivo da nosa sociedade actual: “Eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas nos eidos públicos e privados”.
Os centros educativos, como transmisores de coñecemento e valores reiteramos o noso compromiso coa loita contra todo tipo de violencia sobre as mulleres. Por iso, manifestamos que constitúe un dos nosos obxectivos prioritarios participar xunto cos poderes públicos e a sociedade no seu conxunto para contribuír a eliminar calquera forma de violencia cara ás mulleres.



page | by Dr. Radut