Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

ALUMNADO, FAMILIAS, PROFESORADO

ESCOLA DE PAIS E NAIS 2023/2024.

Ao longo de tres sesións presenciais nos meses de xaneiro e febreiro celebrouse a escola de familias. Na mesma, se realizaron diferentes dinámicas baseadas na diciplina positiva e o emprego de límites de xeito respectuoso (efectivas e afectivas). 

As profesionais encargadas de levar a cabo os mesmos foron Eva Muñoz Pablos e Lara Arribas Sánchez (coach e psicóloga especializadas en educación emocional, disciplina positiva e resolución de conflitos) .

Dende o centro queremos agradecer ás familias o éxito na convocatoria do presente curso, de seguro que todos os recursos aprendidos lles resultan de gran axuda na crianza dos seus fillos e fillas.

Agardamos poder seguir ofertando este tipo de actividades en vindeiros cursos para que chegue á meirande parte da comunidade educativa. 


                                                                  

 

                                                                                

 No seguinte enlace podedes ter aceso á presentación que se empregou nas distintas sesións.

OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL E RESOLUCIÓN DE CONFLITOS.

 

Entre os meses de xaneiro e febreiro puxéronse en marcha na nosa escola os obradoiros de educación emocional e resolución de conflitos en todas as aulas, dende 4º de EI ata 6º curso de EP.

Nos primeiros niveis fíxose finacapé no recoñecemento das emocións, validación das mesmas e o respecto pola diferenza. En cursos superiores profundizouse na xestión das emocións e a resolución de conflitos de xeito pacífico.

Estes obradoiros forman parte da posta en marcha dos Contratos-programa (CPInclúe) 2023-2024 solicitados no mes de setembro á Consellería de cultura e educación nas súas liñas: Quéda-T, Iguála-T, Convive-T e Emocióna-T.












                                                           








SEMINARIO DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS.

 

O pasado mes de febreiro gran parte do profesorado do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza, por segundo ano consecutivo, participou nun Seminario de resolución de conflitos.

No mesmo se levaron a cabo dinámicas de cohesión grupal, aplicación de límites e normas dentro da filosofía da disciplina positiva e resolución de conflitos. As mesmas foron impartidas por as dúas especialistas en psicoloxía e coaching que xa impartiran  a formación o pasado curso.

Temos por obxectivo seguir formándonos neste eido que consideramos fundamental para o bo desenvolvemento do proceso ensino- aprendizaxe.

Nesta ligazón tedes acceso ao PDF coa presentación do Plan de Benestar

Distribuir contido


by Dr. Radut