SEMINARIO DE RESOLUCIÓN DE CONFLITOS.
O pasado mes de febreiro gran parte do profesorado do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza, por segundo ano consecutivo, participou nun Seminario de resolución de conflitos.
No mesmo se levaron a cabo dinámicas de cohesión grupal, aplicación de límites e normas dentro da filosofía da disciplina positiva e resolución de conflitos. As mesmas foron impartidas por as dúas especialistas en psicoloxía e coaching que xa impartiran a formación o pasado curso.
Temos por obxectivo seguir formándonos neste eido que consideramos fundamental para o bo desenvolvemento do proceso ensino- aprendizaxe.
Nesta ligazón tedes acceso ao PDF coa presentación do Plan de Benestar
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Presentación Plan de Benestar Emocional-1-1.pdf | 836.86 KB |
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir