Despois de estar no noso colexio ao longo de catro anos, a nosa auxiliar Katie Brookes despediuse de nós este curso o martes, 28 de maio de 2019.
Ela non esperaba a nosa sorpresa, pero nós (que somos uns artistas) estivemos ensaiando cada día durante moito tempo para que todo saíra á perfección.
Quixemos despedila cantando e bailando para ela unha canción que nos gusta moito. Chámase “I see love”, e cántaa Jonas Blue. Canta arte puidemos ver!!!!
Podedes ver o vídeo aquí:
Katie non o esperaba, porque pensaba que a despedida sería o xoves 30.
Menuda sorpresa levou! Todos/as nós agardando por ela no patio cuberto.
Podedes ver como foi a despedida neste outro vídeo:
Fixémola chorar. Despois enchémola de agasallos para que non se olvide de nós, pero ben seguro que non o vai facer.
Vaia onde vaia, sempre levará un anaco de cada un de nós con ela. Desexámoslle moita sorte na nova etapa.