Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

ENTROIDO 2024

A bruxa regañadentes

O alumnado de sexto de primaria do Ceip Baño Xanza preparou este conto para celebrar este ano o Samaín máis tenebroso na casa da bruxa, estreando o novo espazo da ludoteca do colexio. Disfrutadeo moito

 

ENTROIDO 2022

O 25 de febreiro, celebramos o Entroido no colexio e aínda que as circunstancias actuais non son as que nos gustarían...esto non puido acabar coas nosas ganas de vivir e pasalo ben.

Estivemos encantados de poder celebrar de novo o festival de Entroido, cheo de música e disfraces no que voltamos disfrutar ao máximo, participantes e expectadores. Gustaríanos podelo ter realizado sen ter que empregar as máscaras e rodeados das nosas familias, pero polo de agora aínda non foi posible.

É por iso que tivemos que mirar como organizar os espazos e os grupos estables por niveis, mantendo a distancia axeitada, medindo o espazo aberto para ver se era completamente seguro a realización do festival…e outras moitas cousas moi aburridas...

Este ano o noso Entroido centrámolo no proxecto “Os oficios tradicionais”. Dende Infantil a sexto de primaria estamos a traballar durante este curso sobre as caractrerísticas dos oficios que están a desaparecer ou que poden acabar por facelo, así que o noso Entroido xirou ao redor destes oficios

Podedes ver unha escolma gráfica na seguinte ligazón. Agardamos que vos pareza divertido e interesante.

FOTOS E VÍDEOS DO ENTROIDO

COMANDAS DO ENTROIDO 2022

AS COMANDAS PARA ESTE ENTROIDO VAN SER....

O LUNS

LUNS

O MARTES 

MARTES

O MÉRCORES

MÉRCORES

O XOVES

XOVES

DÍA DA PAZ 2022

Este mes de xaneiro, no CEIPP de Baño-Xanza, conmemoramos o Día da Paz.

Elaboramos entre todo o alumnado e profesorado, dous murais que representan unha imaxe moi visual do que queremos transmitir este día e os 364 restantes. Con elo traballamos a importancia de respectar aos demais e de aceptarse a un/ha mesmo/a e aos outros, independentemente da raza, cultura, país... 

Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo creamos un gran arco da vella coas nosas mans, cheo de mensaxes. Os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo fixemos un photocall baixo o lema “De que che serven as ás, senon tes coraxe para voar”., no que todo o alumnado do centro puido sacar a súa foto, tal e como poderedes ver de seguido.  

VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS

NADAL 2021

Este Nadal, quixemos celebrar as festas, facendo algo especial e diferente.

O noso alumnado, participou cantando unha Panxoliña creada pola profesora Inés, para esta ocasión. Podedes ver os vídeos que grabamos nos seguintes enlaces.

INFANTIL, 1º e 2º

3º, 4º, 5º E 6º

Tamén celebramos as Badaladas do día 31...e como o noso alumnado veu vestido de gala, fixemos un PhotoCall no que ao fotógrafo foiselle un pouquiño a man...máis de 800 fotografías fixo!!!

BADALADAS

De seguido podedes ver as fotos de cada clase en cada un dos enlaces

INFANTIL 3 ANOS      INFANTIL 4 ANOS      INFANTIL 5 ANOS

1º A    1º B

2º A    2º B

3º A    3º B

4º A    4º B

5º A    5º B

6º A    6º B

E para rematar participamos nun sorteo da "Lotería Nacional" que foi retransmitido en directo a tódalas aulas do centro.

FOTOS DO SORTEO

Aquí podedes ver o vídeo do sorteo.

 

E para rematar, aquí vos deixamos o enlace ás fotos da visita dos Reis Magos.

Os Reis Magos

MAGOSTO 2021

MAGOSTO 2021

Olor a leña y castañas asadas...¡Época de magostos!

O próximo venres 29 de outubro celebraremos o Magosto no noso colexio.

Cada curso despois do recreo e na súa parcela correspondente (se chove, será nas aulas) poderá degustar as castañas asadas en colaboración coa ANPA do centro e un boliño preñado.

 

Só precisamos que traiades:

 

- Castañas xa picadas(antes do xoves)

- Un recipiente para as castañas.(A poder ser dun tetrabrik reciclado)

- Unha botella de auga.

 

Tamén faremos entrega dos diplomas pola elaboración do espantallo de todas as aulas do centro.

 

Un saúdo.

(O Equipo de A.E.C.)

NIN UNHA MÁIS! 25 DE NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do CEIPP Baño-Xanza coa colaboración do profesorado e o alumnado do centro preparou a interpretación da canción “La puerta violeta” de Rozalén signada co obxectivo de recordar a todas aquelas persoas que sufriron, que están presentes no noso día a día, así como reivindicar que se acabe esta lacra social.

Pedimos igualdade, respeto, cariño e poder disfrutar das cousas que temos na nosa vida.

Queremos unha vida chea de ledicia, amor e gozo, en compañía de todos e todas as que nos rodean, e como dí a canción: "...se lo que yo quiero, ahora estoy a salvo".

 

Por todas! Nin unha máis!

 

MAGOSTO 2020

MAGOSTO 2020
O pasado xoves 5 de novembro rendimos culto ao Magosto. Coa colaboración da AMPA e de toda a comunidade educativa celebramos esta festa tradicional asando e degustando as castañas. Tampouco faltaron os chourizos e o pan para rematar este suculento menú de outono.
Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración e vémonos na próxima celebración.

ENTROIDO 2021

Benvidos/as ao noso primeiro Covid Fest. Este ano debido as circunstancias actuais non vos puidemos invitar a vernos en persoa, pero aínda así intentamos organizar o entroido de xeito que desfrutedes dél tanto coma nós.

Acontinuación podedes ver os vídeos das actuacións. 

Distribuir contido


by Dr. Radut