Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Animación á lectura

MALETAS VIAXEIRAS

Este curso decidimos solicitar as maletas viaxeiras que ofrece Bibliotecas Escolares no seu programa "HORA DE LER", e todas tiveron un recibimento fantástico, traballamos moito: poesía, matemáticas, biblioteca creativa...aquí vos deixamos un pequeno recordo...

 

BOLETIN DE RECOMENDACIÓNS PARA AS LETRAS GALEGAS

RECOMENDACIÓNS DÍA DAS LETRAS GALEGAS 

 
DESCUBRE AS NOSAS RECOMENDACIÓNS NO DOCUMENTO ADXUNTO

Recomendacións de lectura para o día da paz

PINCHA NOS FICHEIROS ADXUNTOS E VERÁS QUE LIBROS PODES ATOPAR NA BIBLIOTECA SOBRE A PAZ!!!!

A bruxa regañadentes

O alumnado de sexto de primaria do Ceip Baño Xanza preparou este conto para celebrar este ano o Samaín máis tenebroso na casa da bruxa, estreando o novo espazo da ludoteca do colexio. Disfrutadeo moito

 

BOLETÍN DE LECTURA

1º BOLETÍN DE RECOMENDACIÓNS PARA ANIMARVOS A LER.

Madera decorativa Samaín Halloween. Detalles Orballo – Detalles OrballoPINCHA NA IMAXE DE ARRIBA E TE SORPRENDERÁS

DÍA DO LIBRO

O Día do Libro, tamén coñecido como o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, celébrase cada ano o 23 de abril. Foi instituido pola UNESCO en 1995 para fomentar a lectura, a industria editorial e a protección dos dereitos de autor.

Esta data elixiuse porque o 23 de abril de 1616 faleceron tres grandes escritores da literatura mundial: Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.

Para nós, o Día do Libro é unha ocasión para fomentar a cultura e a educación a través da promoción da lectura. Por iso o equipo de Biblioteca do colexio organizou unha chea de actividades das que podedes ver unha escolma neste álbum fotográfico

DÍA DO LIBRO

 

 

RECOMENDACIÓNS DE CONTOS PARA VER NA CASA

Boas, nenos e nenas, mamás e papás, aboiños e aboiñas!!! De seguro que moitos de vós estivéstedes de cumple esta temporada ou ides estar. O conto de hoxe quero dedicárvolo para darvos os parabéns por esa data tan importante nada vidas de cada un. Espero que disfrutedes moito con el. E xa sabedes. #euquedonacasa Bicos e apertas de dinosaurio. O Papalibros

Tod@s a cociñar!!

 
Todos a cociñar!! 
 
Nesta epoca que houbo tantos aniversários que non puiremos celebrar tod@s xuntos  no colexio seguro que nasa casas fixes tedes un montón de tart@s e postres para celebrar que estaba des todos xuntos e ben polo que aqui vos deixo o conto dunha galiña que fixo pan para os seus pitiños 
Espero que vos guste e aprendades a receita vós tamén

 Moitos bicos e apertas de dinosaurio 

 

            

 

A ESTRAÑA VISITA

  A extraña visita

 

Despois de tanto tempo nas nosas casas hai moitas visitas pendentes que temos que facer e que nós van facer estos días 

Desfrutade desas visitas e non vos olvidedes que que calquera dia podedes ter unha extraña visita 

Deixovos este conto e espero que vos guste moito e Ollo que o final do vídeo hai unha actividade que facer por se vos animados 

 

Moitas apertas e bicos e dinosaurio a tod@s

 

 

               

PERSIGUE OS TEUS SOÑOS COMA NICANOR!!

PERSIGUE OS TEUS SOÑOS!!!

 

Nunca te esquezas que despois da choiva pode saír o arco da vella con toda unha chea de cores que ilumine tódolos teus soños 

non deixes de soñar  como fixo Renato Nicanor, un  flamenco valente que pelexou ata conseguir o seu soño 

Espero que vos guste este conto que escollín para vós 

 

 

MIL BICOS E APERTAS DE DINOSAURIO

O PAPALIBROS 

          

 

 

CONTOS DENDE CASA

Boas!

     Este vai ser o último conto para disfrutar dende casa, porque xa é tempo de abrir as portas e as fiestras, para saír, para respirar aire fresco e novo e  repensar como vai ser a nosa nova vida...

     Eu, pola miña parte, seguirei contando historias, seguirei compartindo soños alí onde a vida me vaia levando, alí onde os soños e a alma me leve... Graciñas a todos por escoitarme.

Carmen Sara Floriano.

CONTOS DENDE CASA

Boas!

     O conto de hoxe vai dedicado a todas as mamás; ás mamás 24 horas. Mamás que non son de conto senón de verdade, reais, imperfectas, que se cansan, que gritan... pero que tamén nos dan apertas, coidan de nós, fannos a comida, dannos alumiños, consolan, manteñen en nós a esperanza. Pensando en todas elas imos a escoitar hoxe o conto: "Teño unha mamá" de Carmen Sara Floriano

     Bicos e apertas de dinosaurio

O Papalibros

 

El sauce que se olvidó de llorar

Boas!

      Este conto é unha homenaxe ós nosos maiores, a cada un dos nosos avós e avoas, seguramente uns dos primeiros que nos contaron un conto cando eramos cativos, e porque sempre quedarán as historias que nos contaban... dedicado a cada avó e avoa.

Bicos e apertas de dinosaurio.

Distribuir contido


by Dr. Radut