Estimadas familias:
Hoxe día 16 de xuño sairon as instruccións de comedor escolar para o vindeiro curso. Na documentación que se adxunta podedes descargar o anexo II MODELO DE AUTODECLARACIÓN E ESPECIFICACIÓNS (RENDA 2023). Incluímos ademais unhas aclaracións para determinar correctamente a renda familiar nos supostos que non se presenten declaracións. Rogamos lean atentamente para que non haxa erros á hora de cubrir o impreso, xa que dende a Xunta revisarán todas as documentacións como xa fixeron este curso.
Tamén aclaramos que o alumnado que solicite o comedor por primeira vez e sexa alumnado escolarizado como consecuencia de decisións de índole familiar ou persoal nun centro que non lle corresponde por área de influencia, terán que aboar, en concepto de prezo público a cantidade de 4,50 euros por día de servizo durante o primeiro curso, como di o apartado 11 da Instrucción 1/2024 da Secretaría Xeral. Polo que estas familias non presentarán o anexo II.
Ábrese o prazo para solicitar a colaboración no comedor escolar a pais/nais/titores legais do alumnado do centro. Deberán cubrir o documento adxunto e presentalo no centro, xunto coa fotocopia do DNI, tarxeta de demanda de emprego, certificación de conta bancaria, curso de manipulador de alimentos e acreditación de non ter sido condenado en sentencia firme por delitos sexuais.
A partir desta semana podedes entregar no centro, en horario de Secretaría de 9:30 a 10:25, o Modelo de Autodeclaración que está no documento adxunto, así como a solicitude para colaborar no comedor.