Skip to Content

XUNTA DE GALICIA

Resultados de la búsqueda - Xunta de Galicia

Educación Primaria

MAGOSTO 2022

SAÍDA EXTRAESCOLAR DO 2º CICLO Á ILLA DE SAN SIMÓN

O luns 13 de xuño o alumnado de 2º ciclo gozamos dunha saída á fermosa Illa de San Simón. O día comezou coa viaxe en autobús e posteriormente en barco, para poder chegar ao noso destino.
Unha vez que chegamos á illa fixemos un roteiro, onde nos explicaron a súa historia mentres visitabamos os lugares nos cales se desenvolveu a mesma.
Despois dun descanso para xantar e recuperar forzas, disfrutamos dunha busca do tesouro na que tivemos que poñer en uso todo o que nos contaron e vimos ao longo do roteiro.
Para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos, deixámosvos aquí unha pequena mostra dese día.

VER FOTOS


Bo verán a tod@s!

LETRAS GALEGAS 2022

 
O pasado mes de maio, celebramos no colexio o Día das Letras galegas que neste curso adicouselle a Florencio Delgado. Para esta ocasión quixemos facer unha homenaxe moi especial á nosa terra e ao noso idioma a través dalgúns dos oficios tradicionais galegos que traballamos ao longo deste curso. Así foi como da man  dos acibecheiros/as, gandeiros/as, oleiros/as, cesteiros/as, artesáns do metal, artersáns musicais, mariñeiros e redeiras e incluso as palilleiras puidemos coñecer un pouquiño máis dos nosos costumes e tradicións, así como da riqueza dun  idioma propio.
No seguinte vídeo podedes ver unha pequena parte do traballo dos alumnos/as do CEIPP de Baño - Xanza que ao longo deste curso sirveu como fío condutor para as nosas conmemoracións.
Desexamos que sexa do voso agrado.

COMO ADOITA PASAR, NOS RESUMOS NON ENTRA TODO O QUE SE FIXO, ASÍ QUE SI QUEREDES VER MÁIS, MIRADE NESTES ENLACES.

Fotos e vídeos da exposición

Obradoiros e Obra de teatro

ENTROIDO 2022

O 25 de febreiro, celebramos o Entroido no colexio e aínda que as circunstancias actuais non son as que nos gustarían...esto non puido acabar coas nosas ganas de vivir e pasalo ben.

Estivemos encantados de poder celebrar de novo o festival de Entroido, cheo de música e disfraces no que voltamos disfrutar ao máximo, participantes e expectadores. Gustaríanos podelo ter realizado sen ter que empregar as máscaras e rodeados das nosas familias, pero polo de agora aínda non foi posible.

É por iso que tivemos que mirar como organizar os espazos e os grupos estables por niveis, mantendo a distancia axeitada, medindo o espazo aberto para ver se era completamente seguro a realización do festival…e outras moitas cousas moi aburridas...

Este ano o noso Entroido centrámolo no proxecto “Os oficios tradicionais”. Dende Infantil a sexto de primaria estamos a traballar durante este curso sobre as caractrerísticas dos oficios que están a desaparecer ou que poden acabar por facelo, así que o noso Entroido xirou ao redor destes oficios

Podedes ver unha escolma gráfica na seguinte ligazón. Agardamos que vos pareza divertido e interesante.

FOTOS E VÍDEOS DO ENTROIDO

COMANDAS DO ENTROIDO 2022

AS COMANDAS PARA ESTE ENTROIDO VAN SER....

O LUNS

LUNS

O MARTES 

MARTES

O MÉRCORES

MÉRCORES

O XOVES

XOVES

DÍA DA PAZ 2022

Este mes de xaneiro, no CEIPP de Baño-Xanza, conmemoramos o Día da Paz.

Elaboramos entre todo o alumnado e profesorado, dous murais que representan unha imaxe moi visual do que queremos transmitir este día e os 364 restantes. Con elo traballamos a importancia de respectar aos demais e de aceptarse a un/ha mesmo/a e aos outros, independentemente da raza, cultura, país... 

Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo creamos un gran arco da vella coas nosas mans, cheo de mensaxes. Os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo fixemos un photocall baixo o lema “De que che serven as ás, senon tes coraxe para voar”., no que todo o alumnado do centro puido sacar a súa foto, tal e como poderedes ver de seguido.  

VER TODAS AS FOTOGRAFÍAS

MAGOSTO 2021

MAGOSTO 2021

Olor a leña y castañas asadas...¡Época de magostos!

O próximo venres 29 de outubro celebraremos o Magosto no noso colexio.

Cada curso despois do recreo e na súa parcela correspondente (se chove, será nas aulas) poderá degustar as castañas asadas en colaboración coa ANPA do centro e un boliño preñado.

 

Só precisamos que traiades:

 

- Castañas xa picadas(antes do xoves)

- Un recipiente para as castañas.(A poder ser dun tetrabrik reciclado)

- Unha botella de auga.

 

Tamén faremos entrega dos diplomas pola elaboración do espantallo de todas as aulas do centro.

 

Un saúdo.

(O Equipo de A.E.C.)

ACTIVIDADES E TAREFAS PARA O PERÍODO DE PECHE POLO CORONAVIRUS

IMPORTANTE!

Para acceder ás actividades e tarefas propostas polo profesorado do centro, tedes que picar no curso correspondente e acceder ao enlace coa conta de correo de "__________@ceipxanza.com", NON É POSIBLE ACCEDER CON OUTRO TIPO DE CONTAS

O profesorado procederá a engadir contidos a partir do venres 13 de marzo de 2020

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS

EDUCACIÓN INFANTIL 5 ANOS

1ºA

1ºB

2ºA BLOG

2ºB BLOG

3ºA BLOG

3ºB BLOG

4ºA BLOG

4ºB BLOG

5ºA BLOG

5ºB

INGLES 1º

INGLES 2º

INGLES 3º

INGLES 4º

INGLES 5º

INGLES 6º

MÚSICA

E. FÍSICA

RELIXIÓN

ENTROIDO 2021

Benvidos/as ao noso primeiro Covid Fest. Este ano debido as circunstancias actuais non vos puidemos invitar a vernos en persoa, pero aínda así intentamos organizar o entroido de xeito que desfrutedes dél tanto coma nós.

Acontinuación podedes ver os vídeos das actuacións. 

DÍA DA PAZ

No día da Paz, realizamos unha actividade na que participou todo o colexio. Nela cantamos a canción do grupo migallas "CAMPÁS POLA PAZ" con pictogramas e linguaxe de signos.

Aquí podedes ver o resultado.

VER ALBUM

DÍA DA PAZ

 

Visita ao Parlamento e Galicia Dixital

O día 2 de decembro os alumnos do 3º ciclo acompañados polos seus titores realizaron unha visita cultural ao Parlamento e a Galicia Dixital.Aos nenos e nenas de 5º serviulles de repaso e para demostrar todo o que aprenderon e estudaron no tema das Institucións da nosa Comunidade.

 

Premios Samaín 09


EXPOSICIÓN DOS CADROS DE PINTURA ELABORADOS NAS CLASES DE PINTURA DA ANPA DO COLEXIO

Durante o Curso 2008-2009, os alumnos e alumnas do CEIP de Baño-Xanza,nas clases de pintura organizadas pola ANPA do colexio, realizaron unhas verdadeiras obras de arte.

 

XOGAMOS SOBRE O APRENDIDO NAS ACTIVIDADES DO RÍO VALGA

Xogo sobre o aprendido nas actividades sobre o Río Valga.

Actividades educativas "Axenda 21"

AXENDA 21 ESCOLAR DE GALICIA


A Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992 aprobou a Axenda 21 como un dos seus documentos máis relevantes.

Pero… ¿Que é unha Axenda 21? É un plan de traballo para un desenvolvemento sostible no século XXI que comprende cuestións ambientais, económicas, sociais e culturais.

A escola é un lugar idóneo para aprender a vivir e progresar nos ideais de equilibrio ambiental, paz, xustiza social e sostibilidade en xeral.

O C.E.I.P. de Baño-Xanza comeza a súa Axenda 21 Escolar para traballar pola calidade ambiental e a sostibilidade do centro educativo e o seu contorno aceptando o seu compromiso de mellora.

Neste curso 2007/08 participan cinco profesores do colexio nun grupo de traballo con profesores do I.E.S de Valga “ A biodiversidade do noso contorno,mellora e conservación”.Os obxectivos a traballar no colexio coa participación do resto do claustro ,alumnos e persoal non docente son:

• Mellora da cualificación do profesorado para traballar aspectos de A21EG
• Recollida selectiva e redución de residuos.
• Mellorar,limpar e conservar o patio escolar.
• Traballar de xeito transversal e coordinado cos outros equipos do centro(Normalización, Biblioteca,Tics)
 

 Sobre este tema, elaborouse un paquete de actividades educativas multimedia que podedes consultar dende a seguinte ligazón. Fai clic aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut