O luns 13 de xuño o alumnado de 2º ciclo gozamos dunha saída á fermosa Illa de San Simón. O día comezou coa viaxe en autobús e posteriormente en barco, para poder chegar ao noso destino.
Unha vez que chegamos á illa fixemos un roteiro, onde nos explicaron a súa historia mentres visitabamos os lugares nos cales se desenvolveu a mesma.
Despois dun descanso para xantar e recuperar forzas, disfrutamos dunha busca do tesouro na que tivemos que poñer en uso todo o que nos contaron e vimos ao longo do roteiro.
Para que vos fagades unha idea do ben que o pasamos, deixámosvos aquí unha pequena mostra dese día.
VER FOTOS
Bo verán a tod@s!