Un ano máis celebramos o Entroido no CEIPP de Baño-Xanza. Esta vez decidimos realizar un desfile dende o centro ata o Concello de Valga.
A ANPA do colexio colaborou con nós durante toda a marcha, aportando a parte musical e a súa alegría. Moitísimas grazas pola vosa colabaración!
Durante todo o percorrido o noso alumnado estivo acompañado por unha gran cantidade de público que puIdo disfrutar das magnificas disfraces realizadas.
Como ven sendo norma, traballamos todo o ano sobre unha temática en particular. Neste curso tocou traballar sobre as civilizacións ao longo da historia da humanidade.
Deste xeito, puidemos ver trogloditas prehistóricos co seu mamut, soldados Gregos e o Cabalo de "Troula", Celtas e Galos, indios Taínos e Mayas e aos impresionantes Exipcios co seu sarcófago.
Podedes ver unha escolma das fotos e vídeos, na seguite ligazón.
O 25 de febreiro, celebramos o Entroido no colexio e aínda que as circunstancias actuais non son as que nos gustarían...esto non puido acabar coas nosas ganas de vivir e pasalo ben.
Estivemos encantados de poder celebrar de novo o festival de Entroido, cheo de música e disfraces no que voltamos disfrutar ao máximo, participantes e expectadores. Gustaríanos podelo ter realizado sen ter que empregar as máscaras e rodeados das nosas familias, pero polo de agora aínda non foi posible.
É por iso que tivemos que mirar como organizar os espazos e os grupos estables por niveis, mantendo a distancia axeitada, medindo o espazo aberto para ver se era completamente seguro a realización do festival…e outras moitas cousas moi aburridas...
Este ano o noso Entroido centrámolo no proxecto “Os oficios tradicionais”. Dende Infantil a sexto de primaria estamos a traballar durante este curso sobre as caractrerísticas dos oficios que están a desaparecer ou que poden acabar por facelo, así que o noso Entroido xirou ao redor destes oficios
Podedes ver unha escolma gráfica na seguinte ligazón. Agardamos que vos pareza divertido e interesante.
Este mes de xaneiro, no CEIPP de Baño-Xanza, conmemoramos o Día da Paz.
Elaboramos entre todo o alumnado e profesorado, dous murais que representan unha imaxe moi visual do que queremos transmitir este día e os 364 restantes. Con elo traballamos a importancia de respectar aos demais e de aceptarse a un/ha mesmo/a e aos outros, independentemente da raza, cultura, país...
Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo creamos un gran arco da vella coas nosas mans, cheo de mensaxes. Os rapaces e rapazas do 2º e 3º ciclo fixemos un photocall baixo o lema “De que che serven as ás, senon tes coraxe para voar”., no que todo o alumnado do centro puido sacar a súa foto, tal e como poderedes ver de seguido.
O día 25 de novembro, no CEIPP Baño-Xanza, os mestres/as e alumnos/as manifestáronse contra a violencia de xénero, vestíronse de negro, como un xeito de facer ver o seu rexeitamento a este tipo de violencia.
Así mesmo, colgáronse arredor do centro sinais de tráfico coas frases escollidas polos alumnos/as do centro.
A violencia contra as mulleres é a máxima expresión de desigualdade de xénero no mundo e a súa erradicación o obxectivo da nosa sociedade actual: “Eliminar todas as formas de violencia contra as mulleres e as nenas nos eidos públicos e privados”.
Os centros educativos, como transmisores de coñecemento e valores reiteramos o noso compromiso coa loita contra todo tipo de violencia sobre as mulleres. Por iso, manifestamos que constitúe un dos nosos obxectivos prioritarios participar xunto cos poderes públicos e a sociedade no seu conxunto para contribuír a eliminar calquera forma de violencia cara ás mulleres.
Este Nadal, quixemos celebrar as festas, facendo algo especial e diferente.
O noso alumnado, participou cantando unha Panxoliña creada pola profesora Inés, para esta ocasión. Podedes ver os vídeos que grabamos nos seguintes enlaces.
Tamén celebramos as Badaladas do día 31...e como o noso alumnado veu vestido de gala, fixemos un PhotoCall no que ao fotógrafo foiselle un pouquiño a man...máis de 800 fotografías fixo!!!
Na semana do 25 ao 29 de outubro celebramos no noso centro o Samaín e o Magosto. Dúas festas tradicionais que nos encantan: diversión e comida, que máis se pode pedir?!
Este curso decidimos darlle unha pequena volta ao Samaín, polo que cambiamos a exposición de cabazas por unha de espantallos. Cada clase fixo o seu e estiveron toda a semana espetados polo patio asustando a tod@ aquel/a que se achegase a eles. Por suposto,esto non sería posible sen a colaboración das familias que nos enviaron os enseres que precisamos para a súa elaboración.
Ao longo desa semana tamén fomos pasando tod@s, polo túnel do terror que nos levaba á nosa marabillosa biblioteca onde @s alumn@s de sexto, xunto coa mestra de música, nos contaron un fermoso conto musicado.
O venres 29 festexamos o Magosto por todo o alto.
Coa axuda da ANPA, asamos as castañas que fomos traendo das nosas casas. Unha vez que estiveron listas comemos ata fartar e... logo agardábanos o mellor: OS XOGOS!
Tivemos unha morea deles! Grazas a que a mestra encargada do equipo de EDLG se encargou de conseguilos para a ocasión.
Estes xogos estaban repartidos polo colexio e iamos rotando para poder xogar a todos.
Na zona do patio cuberto dianteiro había uns para os cales debiamos ter algo de puntería e moito equilibrio.
Para aqueles que estaban no ximnasio facía falta usar un pouco máis a cabeza, o pulso e ter bastante paciencia.
E, por último,no patio cuberto traseiro elaboramos mandalas con froitos do outono e diferentes elementos naturais: froitos secos, millo, follas, pedras, paus...
Agora ides poder ver o ben que o pasamos nas diferentes zonas.
Ah! Xa nos esquencía... Ese día tamén recibimos un diploma polo noso espantallo. Cada clase tivo o seu por participar na exposición.
Non, non era un concurso... Ningunha clase gañou nin perdeu.
Desexamos que sexa do voso agrado e moitas grazas a tod@s @s que dun xeito ou outro puxestes o voso gran de area (ou de millo ) para facer todo esto posible.
O próximo venres 29 de outubro celebraremos o Magosto no noso colexio.
Cada curso despois do recreo e na súa parcela correspondente (se chove, será nas aulas) poderá degustar as castañas asadas en colaboración coa ANPA do centro e un boliño preñado.
Só precisamos que traiades:
- Castañas xa picadas(antes do xoves)
- Un recipiente para as castañas.(A poder ser dun tetrabrik reciclado)
- Unha botella de auga.
Tamén faremos entrega dos diplomas pola elaboración do espantallo de todas as aulas do centro.
A rapazada de 5º e 6º de CEIP BAÑO-XANZA fixo este Rap sobre a paz e o coidado do planeta, que fai de banda sonora deste vídeo. Este, fíxose coas fotos de tódolos nenos do cole xunto ao noso cartel da paz.
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do CEIPP Baño-Xanza coa colaboración do profesorado e o alumnado do centro preparou a interpretación da canción “La puerta violeta” de Rozalén signada co obxectivo de recordar a todas aquelas persoas que sufriron, que están presentes no noso día a día, así como reivindicar que se acabe esta lacra social.
Pedimos igualdade, respeto, cariño e poder disfrutar das cousas que temos na nosa vida.
Queremos unha vida chea de ledicia, amor e gozo, en compañía de todos e todas as que nos rodean, e como dí a canción: "...se lo que yo quiero, ahora estoy a salvo".
MAGOSTO 2020 O pasado xoves 5 de novembro rendimos culto ao Magosto. Coa colaboración da AMPA e de toda a comunidade educativa celebramos esta festa tradicional asando e degustando as castañas. Tampouco faltaron os chourizos e o pan para rematar este suculento menú de outono. Moitas grazas a tod@s pola vosa colaboración e vémonos na próxima celebración.
Para celebrar o día da Paz, este ano decidimos realizar un "Lipdub".
Para elo utilizamos a música de Juanes "Tu enemigo", adaptada ao galego pola nosa mestre de Música, Raquel García Castro e coa colaboración do alumnado de 6º e 4º de Primaria.
Logo de moito deliberar, (a cousa non estivo nada sinxela...) o xurado do premios do SAMAÍN 2018-2019 acordou que as millores e máis artísticas cabazas foron.....
Entrade no álbum que elaboramos e disfrutade delas.
Benvidos/as ao noso primeiro Covid Fest. Este ano debido as circunstancias actuais non vos puidemos invitar a vernos en persoa, pero aínda así intentamos organizar o entroido de xeito que desfrutedes dél tanto coma nós.
Acontinuación podedes ver os vídeos das actuacións.