Uso responsable das pantallas
Estimadas familias, dende o CEIPP de Baño-Xanza estamos comprometidos e promovemos un uso responsable das pantallas, ferramentas tecnolóxicas que nos ofrecen numerosos beneficios, pero que tamén é importante que usemos de forma sensata.
É fundamental que sexamos conscientes dos retos que supoñen. Un uso excesivo ou inadecuado das pantallas pode afectar a saúde física e mental do alumnado, ao seu rendemento académico e ás súas relacións sociais. Por iso, deixamos aquí baixo unha serie de consellos prácticos que nos permitirán establecer uns límites saudables das mesmas, fomentando así o uso responsable das pantallas no fogar.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
uso responsable de pantallas CEIP BAÑO XANZA.pdf | 4.22 MB |
- APIs de Blogue
- Versión para imprimir