Skip to Content

Brigadas de Limpeza

Actuacións na nosa contorna

O PLANETA PREOCÚPANOS

           

O 5 DE XUÑO CONMEMÓRASE CADA ANO O DÍA DO MEDIO AMBIENTE, E UN GRUPO DE CRIANZAS DE 4 ANOS QUIXO APORTAR O SEU GRAN DE AREA, COIDANDO A CONTORNA, LIMPANDO DE LIXO A CARBALLEIRA QUE LINDA CO CENTRO; UN ESPAZO VERDE QUE XA VISITAN EN MOITAS OCASIÓNS PARA GOZAR DA NATUREZA E DOS SEUS RECURSOS.

CONCIENCIANDO ÁS CRIANZAS DA IMPORTANCIA DE RESPECTAR E MANTER LIMPOS DE LIXO OS DIFERENTES ESPAZOS, ESTAREMOS CONTRIBUÍNDO A FOMENTAR CIDADÁNS RESPECTUSOS E PREOCUPADOS POLO BENESTAR DO NOSO PLANETA QUE TANTOS SINAIS ESTÁ EMITINDO PEDINDO AXUDA PORQUE ESTANSE AGOTANDO OS RECURSOS NATURAIS, ESTAMOS XERANDO GRANDES CANTIDADES DE LIXO E CONTAMINACIÓN,...

 

 

 

        

ADEMAIS APROVEITARON A MERENDAR DEIXANDO LIMPO DE CALQUERA RESTO. E COMO A ESTACIÓN PRIMAVERAL NÓTASE, HABÍA GRAN CANTIDADE DE TRÓQUELES, E  FOI PARA @S PEQUES UNHA EXALTACIÓN DE LEDICIA E ILUSIÓN CONSEGUIR ESTOUPAR AS SÚAS FLORES COAS QUE LOGO, COA AXUDA DOUTROS ELEMENTOS, FIXERON UNHA OBRA ARTÍSTICA; UNHA MANDALA DE TRÓQUELES

 

 

SEGUIMOS EN ACCIÓN

                          

TRAS MOITOS DÍAS CON CHUVIA CONSTANTE, PARAECE QUE CHEGAN ALGÚNS RESPIROS DE PAUSA DA CHOIVA E, FAISE PRECISO RETOMAR AS BRIGADAS DE LIMPEZA DO PATIO, RECOLLENDO OS PLÁSTICOS E DEMAIS RESTOS  QUE AS CRIANZAS DE PRIMARIA TIRÁN AO CHAN DESPOIS DAS SÚAS MERENDAS CANDO SAEN AO RECREO

PARECE QUE POUCO A POUCO SE VAI ATOPANDO MENOS LIXO, AÍNDA QUE DEBEMOS SEGUIR INSISTINDO NESTE PROPÓSITO DE MANTER LIMPOS OS ESPAZOS DE XOGO E A CONTORNA EN XERAL SEN NADA DE NADA DE LIXOSorriso

  

INCENTIVANDO A REFLEXIÓN ECOLÓXICA

                

Seguimos tratando, como centro escolar, de contribuír ao coidado da nosa contorna e por o noso gran de area para loitar por un futuro planeta mellor, polo tanto tratamos de concienciar ás crianzas da responsabilidade de manter limpo o patio de xogo, libre de plásticos e envoltorios dun so uso, da importancia do uso das papeleiras correspondentes, dado que na zona das porterías, canastras e tobogáns quedan restos das merendas ao remate do recreo

Durante o curso pasado colocouse un colector amarelo para depositar os lixos resultantes das merendas (envoltorios, bricks, paquetes de plástico, botes de iogur) dado que as grandes cantidades de residuos plásticos dun so uso desbordaban as papeleiras, aínda que moitas crianzas seguen a usalas sen ter conta que o lixo cae por fóra algúns si fan uso do colector.

Tampouco nos gustaba atopar froita enteira ou con so algúns mordiscos tirada no cesto dos restosChora

Ante estas circunstancias, optouse por poñer carteis fomentando as boas conductas, e intentando disuadir ou facer reflexionar á crianzas para usar as papeleiras, colector ou cesto de restos das froitas para facer compos.

   

  

 

 

SEGUIMOS E SEGUIMOS!

   

Nesta ocasión, foron as crianzas as que acturaron como brigada de limpeza do patio e quedaron asombrad@s da cantidade de lixo que atoparon Chora, pois aínda que eles non merendan no exterior é preciso que vaian tomando conciencia de que estas accións sobre o medio natural non se deben permitir

Imos mellorando pero teremos que seguir concienciando e fomentando a importancia de manter limpo o lugar de ocio cada díaTriste

 

 

SEGUIMOS CONCIENCIANDO!

                             

 

Os plásticos dun só uso seguen sendo un problema que nos preocupaTriste

Non perderemos forzas en seguir intentando concienciar ao noso alumnado sobre o coidado do planeta. Que ten o punto de partida un cambio nas súas conductas; coidando a súa contorna, algo tan básico como manter limpo o seu propio patio de xogos.

     ISTO NON PODE SEGUIR ACONTECENDO!

- EXTERIORES DO MURO DO COLEXIOTriste

 

- ZONAS DO PATIOSorprendido

 

  LIXO ACUMULADO NUNHA SEMANA POLO PATIOSorprendido

INICIAN AS BRIGADAS DE LIMPEZA

                                       

 

Igual ca o curso pasado, seguiremos  co obxectivo de concienciarse da importancia de manter limpa a contorna comezando polo propio patio de xogo. Con este propósito manteremos as brigadas de impeza, grupos- aula, que se ocupan semanalmente da recollida de plásticos e de levar as mondas da froita que se consume nas merendas, ao composteiro, que logo usaremos de abono no horto do que dispoñemos.

  

SEGUIMOS COAS BRIGADAS

Xa pasou medio curso, máis seguimos coa labor de manter limpo o noso patio de xogo, no que gozamos e convimos cada día. Seguimos tratando de concienciar ás nosas crianzas da importancia de non tirar lixo ao chan e de manter limpa a nosa contorna en beneficio de todos. Cada semana correspóndelle a unha aula ser COMANDO VERDE; ocuparse de facer recollida do lixo, trasladar os restos orgánicos das merendas ao composteiro, coidar do noso horto que está iniciando a plantación despois do inverno.

 cartel que indica que aula lle toca                  buscando e recollendo lixo polo patio

   

 SEGUIMOS ATOPANDO MOITO LIXO CADA SEMANA. AÍNDA DEBEMOS SEGUIR CONCIENCIANDO NO COIDADO DO NOSO MEDIO, COMO LABOR E OBRIGA DE TODOS.

MEDIO CESTO COA DIFERENZA SO DUNHA SEMANA DE RECOLLIDA ENTRE UN E OUTRO!!!Chora

  

BRIGADAS DE LIMPEZA EN ACCIÓN

Neste curso, seguimos apostando por unha escola verde; un espazo limpo, agradable, coidado,... por sio, volvemos a facer brigadas de limpeza. Cada semana unha aula é a encargada de limpar o patio de xogo de lixo, de levar os restos do comedor ao composteiro, de facer tarefas no horto que sexan necesarias en cada mes/época

    clica nas imaxes para visionar máis fotos

 

 

LIMPANDO O PATIO DE XOGO

O outono chegou e no noso cole puidemos aprecialo no parque onde xoga o alumnado de infantil, pois todo o chan se cubriu de follas. Pero iso, supuxo para as nosas crianzas toda unha diversión, un reto lúdico, no que se empregaron a fondo: rastrillar as follas, cargar nas carretas e transportalas ata o composteiro (que se atopa a bastante distancia, no patio dos maiores). Contribuíndo á limpeza do seu espazo de xogo e a facer compos para o noso horto.

  

LIMPAMOS O PATIO

 Colaboramos na limpeza e coidado do patio para conseguir un chan libre de lixo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut