Skip to Content

ARTE PARA COMPARTIR. BENVIDAS, BENVIDOS!

Ola artistas!

Abrimos as portas ao Obradoiro de Educación Artística. Para entrar tan só fai falta botarlle un chisco de imaxinación e creatividade e moitas ganas de gozar con todo o que con vós imos compartir. Arte, moita arte que nos sae do máis fondo, dos máis profundos sentimentos. Arte para compartir.

 

O curso pasado iniciamos o noso paseo web pola arte coa publicación de todas as actividades realizadas durante o ano. Por se queredes lembrar aquela andanza, aquí queda o enlace a esa páxina. Preme na imaxe para entrar.

 

 

 

1,2,3, este curso "arteamos" outra vez!

Xa arteamos un trimestre enteiro. Chegamos tarde, pero en compensación deixámosvos o testimonio de todo o noso facer ata o momento. Tempo de verán, eu son..., outonarte, tempo de nadal, coas mans na masa, ilustrámonos.Premendo na foto, podedes ver todas as fotos ata as vacacións de nadal.

 

 

 

 

 

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut