Skip to Content

Misterio no faiado

MISTERIO NO FAIADO

Estando no faiado a Carlos e a Xacobe sorprendeunos un forte ruído:Plas!Racaplas!Plas! Oíuse de súpeto. Os rapaces non sabían onde meterse,era tal o susto que lle tremían ata zapatos. Pasados uns segundos miráronse e Carlos dixo:

-Oíchelo!

-Como para non oílo-contestoulle o seu irmán

Entre os dous decidiron ir mirar de onde podería saír semellante estrondo. Empezaron pola parte de abaixo. Nada sospeitoso na cociña, no garaxe...nada de nada. Subiron aos cuartos aínda no medo no corpo. Pegadiños, pegadiños un atrás do outro , pero ... nada . Tampouco atoparon o que buscaban. Tiñan toda a casa remexida , buscaran ata debaixo das camas. Xa rendidos sentáronse no corredor , fíxose un silencio. Voltaron a mirarse e...O ruído sentiuse de novo,aínda que non tan forte e máis constante. Enchéronse de forza e foron seguindo o son. Deron ata a porta do faiado,o ruído viña de alí.

-Buff!-dixo Xacobe tremendo outra vez.

-Veña non sexas medicase sobe -contestou Carlos facéndose o valente.

Alá foron os dous , e... unhas caixas con xoguetes vellos estaban tiradas no chan . Alí atoparon parte da súa preocupación, pero...quen tirara esas caixas?Deron un paso máis e alí estaba , con cariña de non facer ningún mal , como se a cousa non fora con ela.

-Missi ! Eras ti ! - Berraron os dous irmáns á vez.

A súa gata estaba a piques de ter gatiños e só buscaba un sitio para poder telos tranquila e quentiña. Carlos e Xacobe quedaron tranquilos e ata se lle escapaba algunha carcaxada recordando o momento.

Damián Noya Tojo

 

Gayin est le site de rencontre gay à nice http://nice.gayin.net: Rencontre gay Nice en chat webcam avec annonces et plan gay

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut