GRAZAS ÁRBORES!!!
PARA CONMEMORAR O DÍA DA POESÍA E TAMÉN O DÍA DA ÁRBORE, COINCIDINDO CO INICIO DA PRIMAVERA, SAÍMOS AO PATIO, BUSCAMOS UNHA ÁRBORE E SENTAMOS XUNTO DELA PARA DARLLE AS GRAZAS POR TANTAS COUSAS BOAS QUE NOS APORTAN: LIMPAN O AIRE, DAN SOMBRA, SERVEN DE CASA AOS PAXAROS, DANNOS MADEIRA PARA FACER XOGUETES E MOBLES,...) E, APROVEITAMOS A LERLLE UN PAR DE POEMAS, QUE SEGURO LLE GUSTARÁ
DESPOIS APROVEITAMOS PARA COMPARAR ALGÚN DOS TEXTOS QUE TEMOS TRABALLADO (TEXTO LITERARIO, INFORMATIVO E DE CONSULTA), PARA ANALIZAR SE TEÑEN A MESMA ESTRUCTURA, SE TIÑAN A MESMA FUNCIÓN,...
E TAMÉN APROVEITAMOS A TRABALLAR OS ELEMENTOS DUN POEMA COMO SON OS VERSOS E AS ESTROFAS, NUN POEMA TITULADO "A PRIMAVERA" DE XOÁN NEIRA NO LIBRO "UN NIÑO NO XARDÍN", E LOGO ILUSTRALO COMO CADA CRIANZA ESCOLLESE, FOMENTANDO A CREATIVIDADE E IMAXINACIÓN
Comentarios
Enviar un novo comentario