PROXECTO VOLCÁNS: EXPERIMENTO.
NO MOMENTO DO PATIO, O ALUMNADO FIXO UN VOLCÁN CON AREA E APROVEITAMOS PARA FACER UN EXPERIMENTO QUE NOS AXUDASE A VISUALIZAR UNHA ERUPCIÓN. UTILIZAMOS: AUGA, COLORANTE ALIMENTICIO, XABÓN, BICARBONATO E VINAGRE. FOI TODO UN ÉXITO E REPETIMOS MOITAS VECES! PROBAMOS NUN VASO E TAMÉN DIRECTAMENTE NO NOSO VOLCÁN!