Skip to Content

A FIGURA HUMANA

O DEBUXO DA FIGURA HUMANA, É UN DOS INDICADORES NOS QUE SE REFLEXA COMO VAN MADURANDO AS CRIANZAS; COMO SON OS TRAZOS, QUE ELEMENTOS LLE VAN COLOCANDO Á FIGURA, QUE PROPORCIÓNS SE MANIFESTAN ENTRE AS DISTINTAS PARTES DO CORPO,...

PERO NESTA OCASIÓN, NON SE DEBUXOU CADA UN A SÍ MESMO, SENÓN QUE TOCOU DEBUXAR A DOUS COMPAÑEIR@S QUE SE LLE INDICABAN, UN DO SEXO FEMININO E OUTRO DO MASCULINO E, ADEMAIS ERA SEGREDO. É DICIR, CADA UN DEBÍA OBSERVAR E DEBUXAR SEN MOSTRAR NIN DICIR A QUEN LLE TOCARA E DESPOIS, AO REMATAR, FÍXOSE UNHA EXPOSICIÓN XERAL, TAPANDO OS NOMES PARA TRATAR DE ADIVIÑAR, MEDIANTE OS DETALLES ( COR E FORMA DO PELO, COR DE ROUPA, COMPLEMENTOS,...), DE QUEN PODERÍA TRATARSE.

 FOI DIVERTIDO; ÁS VECES ACERTABAN, OUTRAS NON, OUTRAS DUBIDABAN POIS, POR EXEMPLO, ALGUÉN PINTARA O PELO VIOLETA AO SEU DEBUXO PERO NINGUÉN TIÑA ESA COR DE PELO NA AULA, ...Sorriso

 ESTA OBSERVACIÓN E ANÁLISE TAMÉN LLES FAI REFLEXIONAR E TOMAR CONCIENCIA DA IMPORTANCIA DE POÑER DETALLES O MÁIS REAIS POSIBLE, PORQUE SENÓN TODAS AS FIGURAS SON IGUAIS, DE COMO PODEN MELLORAR A SÚA FIGURA, EN QUE DEBEN FIXARSE MÁIS,...

Comentarios

Enviar un novo comentario



blog | by Dr. Radut