O Curso 2022/2023 o P.D.I. do CEIP Manuel Sueiro centraráse nos obxectivos do desenvolvemento sostible 2030. O grupo de 2º de Educación Primaria , decidiu centrar o seu Proxecto Documental Integrado (PDI) no 5º obxectivo na procura dun mundo máis xusto e igual para tod@s.: “ Igualdade entre xéneros e empoderamiento de todas as mulleres e nenas”
O porqué deste traballo integrado :
- Aumenta a motivación.
- Máis creatividade e a aprendizaxe.
- Mellora a comunicación e reduce a tensión.
- Mellores resultados, aumentando a eficiencia e a produtividade.
Traballamos os seguintes OBXECTIVOS:
- Construír confianza co alumando e coas actividades propostas por eles.
- Crear sentido de pertenza.
- Involucrar ao alumnado na toma de decisións.
- Buscar o entendemento entre partes.
- Impulsar a comunicación.
- Aproveitar a diversidade.
- Celebrar os éxitos do grupo.
- Favorecer o compromiso mutuo e a responsabilidade compartida.
Ademais dos obxectivos, os obxectivos que se perseguiron con este proxecto documental integradoson os seguintes:
Obxectivo xeral:
- Ser capaz de desenvolver actitudes de respecto e comprensión ante as diferenzas entre as persoas e as diferentes culturas.
- Promover no noso alumnado valores encamiñados a igualdade de oportunidades entre nenos e nenas.
Obxectivos específicos:
- Interpretar o que sentimos en diferentes momentos da nosa vida.
- Coñecer e practivar a empatía como instrumento para mellorara a convivencia os demais
- Recoñecer as emocións e sentimentos positivos propios como ferramentas para mellorar a nosa autoestima e autoconcepto.
- Fomentar no centro os valores, as actitudes e as prácticas que permitan o grado de aceptación e cumplimento das normas e avanzar no respeto a diversidade e no fomento da igualdade .
- Traballar a través das distintas actividades do currículo a importancia da igualdad de sexos.
- Potenciar no alumnado o concepto de coeducación e igualdade mediante a transmisión de valores sociales como a tolerancia, o respecto, a igualdade, a xusticia, e a cooperación.
- Mellorar as relacións personais entre o alumnado diminuindo os conflictos e o sexismo nas situacions de xogo.
- Utilizar os patios de forma compartida e no excluiente.
Contidos:
- Diferentes emocións: tenrura , amor, odio, tensión felicidade, tristeza, medo asombro…..
- As características que definen a persoa: .
- O respecto aos outros. O rexeitamento dos casos de abuso, ciberacoso, marxinación e exclusió
- O respecto dos dereitos humanos e os dereitos da infancia:.
- O respecto da diversidade cultural e das tradicións.
- O respecto da orientación sexual e da identidade de xénero.
- A cultura da paz e da non violencia.
- O diálogo e a argumentación na toma de decisións en común e a resolución pacífica de conflitos.
- O recoñecemento da diversidade de valores, fins e modelos de vida e o respecto aos proxectos persoais dos outros.
Metodoloxía: A metodoloxía será dinámica, participativa e lúdica, sen esquecer os nosos propósitos.
Traballarermos alternando a organización do traballo individual, por parellas, en pequeno grupo ou en grupo clase. Contaremos cun recuncho para os materias dentro da aula e cun espazo no corredor para a exposición dos traballos realizados.
A metodoloxía dará resposta aos principios de actividad e motivación, conxugándose co o interés e a intuición.
As actividades realizadas ao longo do curso centráronse na lectura e realización de diversos murais e traballos en grupo dos seguintes contos:
1º Trimestre:
- El lápiz mágico de Malala de Malala Yousaf
- Las princesas también se tiran pedos de IIan Brenman
2º Trimestre:
- Pepuka, de Estela Moreno Bermúdez
- Arturo e Clementina de Adela Turín
3º Trimestre:
- O libro dos porcos
- Rosa Caramelo
Traballouse en todo momento o empoderamento da muller, utilizando:
- O xogo como medio para facerlles confiar nas suas capacidades, ser curiosos e experimentar.
- Promovendo a formación das nenas recollendo información da prensa, das redes sociais ...xa que hai un número de alumnado de etnia xitana.
- Iniciouse ao alumnado no mundo tecnolóxico .
- Traballamos a aceptación do propio corpo.
- Por último realizamos un taller de Midfulness, para nenos.
Como conclusión, conseguimos ter un grupo unido, onde non existen diferencias e onde todos somos iguais sin ter en conta a nosa procedencia , nin o sexo.