Aniamigos, sempre ao noso carón

Neste curso, o P.D.I. do centro ten como lema O SUEIRIÑO A DIVERSIDADE RESPECTA, TRABALLEMOS XUNTOS A PROL DO PLANETA! e céntrase na temática medioambiental e dende a aula de primeiro desenvolvémolo centrándonos na necesidade de educar aos cidadáns desde pequenos para favorecer o desenvolvemento dunha conciencia ecolóxica que lles leve a comprender a estreita interrelación que existe entre os animais e as persoas, e a necesidade de coidalos e protexelos para contribuír a unha sociedade máis sostible e habitable para todos. Desta forma favorécese o desenvolvemento integral do alumnado e impúlsase a súa vinculación e compromiso co coidado e protección da contorna natural e os seres que o habitan, así pois xurdiu “ANIAMIGOS: sempre ao noso carón”

Obxectivos xerais

  • Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de comportamento que favorezan o seu coidado.
  • Deseñar e poñer en marcha iniciativas que favorezan a aprendizaxe de valores de respecto, empatía e responsabilidade no coidado dos animais.
  • Promover novos modelos de relación baseados no coidado e protección dos animais.

Obxectivos específicos

  • Coñecer as características e beneficios que os animais achegan á vida das persoas.
  • Describir as sensacións que experimenta o alumnado ao tomar contacto cos animais.
  • Identificar as accións positivas emprendidas polos seres humanos cos animais.
  • Valorar o trato negativo que algunhas persoas deparan aos animais.
  • Coñecer e implicarse no coidado dun animal de maneira responsable.
  • Relacionarse e interactuar con animais de maneira  empática e respectuosa.
  • Representar, a través de dramatizacións, características e vida de diferentes animais.

Contidos:

  • Relación dos animais co medio.
  • Accións para o coidado do medio.
  • Nocións de coidado de animais de compañía.
  • Observación e identificación de animais.
  • Identificar características dos animais
  • Animais en perigo de extinción.

Contribución ás competencias básicas e transversais e competencias claves da unión europea

O desenvolvemento desta unidade contribuirá ao desenvolvemento do conxunto das competencias básicas e competencias claves definidas no marco normativo, en especial as competencias sociais e cívicas (CSC) xa que implica coñecementos que permitan comprender e analizar condutas e procesos de cambio. Tamén inclúe manifestar o sentido da responsabilidade e mostrar comprensión e respecto dos valores compartidos necesarios, neste caso sobre o medio e os animais.

Temporalización

  • Durante todo o curso en sesións de 50 minutos, unha por semana.

Metodoloxía

Traballaremos a través dunha metodoloxía activa e do descubrimento guiado, para que o alumno sexa capaz de construír as súas propias aprendizaxes de maneira autónoma. Apoiarémonos na maioría das actividades de soporte visual, priorizando en todo momento o traballo a través da comunicación oral, axustándonos ás características do alumnado.

Criterios de avaliación

  • Coñecer o medio.
  • Recoñecer animais e as súas características.
  • Entender a necesidade do coidado do medio como hábitat de todos.
  • Identificar os coidados de animais de compañía.
  • Recoñecer os animais en perigo de extinción.
  • Valorar a importancia do medio.
  • Indicadores de logro ou desempeño
  • Diferencia os bens achegados por distintos animais.
  • Identifica a cada animal polo son que emite.
  • Distingue a pegada de diferentes animais.
  • Identifica as características de distintos animais.
  • Describe as sensacións que experimenta ao tomar contacto cos animais.
  • Recoñece as accións positivas emprendidas polos seres humanos cos animais e o medio.
  • Valora  criticamente os malos tratos animais.
  • Recoñece os diferentes coidados que necesita cada animal.
  • Relaciónase e interactúa cos animais e o medio de maneira empática e respectuosa.
  • Representa, a través de dramatizacións, características e vida de diferentes animais.

As actividades realizadas ao longo do curso foron as seguintes:

1º trimestre

  • Presentación de “Aniamigos”. Nesta actividade o alumnado coloreou o debuxo representativo do traballo que vamos a levar a cabo este curso.
  • Choiva de ideas. Nesta actividade entre todos os alumnos fixeron unha choiva de ideas sobre os animais e o que saben, así como que máis cousas lles gustaría saber sobre eles para así traballar desde o seu centro de interese.
  • Animais domésticos. Nesta actividade falamos das diferencias entre animais domésticos e salvaxes e centrándonos nos de granxa vimos algunhas características sobre todo alimentación e reprodución.
  • Xogo das parellas. Nesta actividade xogamos a buscar as parellas agochadas nunhas cartas sobre os animais de granxa.
  • Coidados dos animais de compañía. Nesta actividade falamos e puxemos en común os coidados que necesitan as mascotas que podemos ter con nós na casa, para concienciarnos que dependen de que os coidemos e elaboramos unha serie de “coidados a seguir”.
  • Debuxamos a nosa propia granxa. Nesta actividade para rematar este apartado de animais de granxa, os nenos debuxaron a súa propia granxa cos seus animais.

2º trimestre

  • Animais mariños. Nesta actividade afondamos sobre os coñecementos que tiñan os alumnos sobre animais mariños e vimos que características presentan.
  • Bingo mariño. Nesta actividade o alumnado xogou a un bingo sobre animais mariños para traballar de forma lúdica o vocabulario.
  • Animais dos polos. Nesta actividade o alumnado descubriu algúns animais do polo e as características que teñen para vivir nestas zonas.
  • Creamos os nosos propios polos. Nesta actividade o alumnado fixo os polos con un par de experimentos e tamén fixo os animais que habitan neles con pasta de modelar.
  • Animais do deserto. Nesta actividade o alumnado reflexiona sobre os animais que viven no deserto así como nas diferencias que teñen con outros animais doutras zonas xa vistos.
  • O dromedario. Nesta actividade o alumnado centrouse en aprender vocabulario e características propias deste animal.

3º trimestre

Para este terceiro trimestre quixemos centrarnos nos animais en perigo de extinción e para iso levamos a aula varios libros sobre o tema para que os nenos os puideran consultalos. Os libros son os seguintes:

  • ¿Nos ayudas? ¡Salvemos a los animales en peligro de extinción! Autora: Grete Garrido.
  • Animales en peligro de extinción explicados a los niños. Autores: Sandrine Sihol y Gaelle Guerive.
  • Cuentos sortos de animales en peligro. Autor: Jordi Sierra i Fabra.
  • Amigos asombrosos en peligro: Abecedario de animales en peligro de extinción.

Actividades:

  • Lectura de “¿Nos ayudas? ¡Salvemos a los animales en peligro de extinción!” Autora: Grete Garrido. Nesta actividade o alumnado vai lendo cada semana sobre un animal en perigo de extinción do que despois fan un debuxo.
  • Mapamundi. Nesta actividade o alumnado vai colocando sobre o mapamundi os animais sobre os que vamos lendo.
  • Reflexión final sobre a importancia dos seres vivos. Nesta actividade pretendemos reflexionar sobre os animais e a súa importancia para nós e como debemos coidalos.

Avaliación:

Foi continua, baseada na observación diaria, mediante a recollida de datos segundo un rexistro de ítems.

Como conclusión, destacar a importancia que teñen os animais no medio así como para o coidado desde e a importancia de formar a os alumnos como futuros cidadáns responsables no coidado e respecto cara eles.