Iniciar sesión: Acceso

Blogues

NOVA LECTURA DAS FAMILIAS

   Nesta ocasión veu a mamá de Emma a contarnos un conto moi bonito "Oso y su diente de leche" de Julia San Miguel y Marta Munté, que narra a historia da caída do dente de Oso e cómo os seus amigos lle axudan a buscalo cando o perde.
   Ademais tróuxonos unha lupa como a do conto e estivemos mirando a través dela os obxectos que temos na aula, e tamén fixemos un debuxo. Pasámolo moi ben!!
   Moitas grazas por vir!!

         

                      

CHARLA SOBRE AS TENDAS

   Para rematar o noso proxecto sobre as tendas tivemos a visita da mamá de Naela que veunos a contar en qué consiste o traballo de dependenta. Díxonos cales son as súas tarefas, qué cousas non debe facer, cómo lle gusta que a traten os clientes, qué tarefas ten que facer nunha panadería, e ademais tróuxonos un mandil de Nadal para poder atender coa roupa adecuada na nosa tenda da aula.
  Moitas grazas!!!

                

                

FACEMOS CUBOS

    Como estamos traballando as formas e corpos xeométricos hoxe fixemos un cubo. Para iso necesitamos 8 bolas de plastilina (que tivemos que facer) e 12 paus de madeira. Despois fomos unindo as bolas cos paus ata que formamos o noso cubo. 

   Pasámolo moi ben!!!

                      

                           

CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO (25N)

   Hoxe no colexio celebramos o 25N. Primeiro todos os alumnos e alumnas do centro e todo o profesorado bailamos unha versión da canción de Lola Índigo "Ya no  quiero ná".

 


   Despois os nenos e nenas de infantil limos o conto de "Arturo e Clementina", falamos de cómo  trataba Arturo a súa compañeira e de se o seu comportamento era correcto.
   Para finalizar pintamos unhas marionetas dos protagonistas do conto.

                                   
             


                           

MAÍNZO

   Grazas ao avó de Sara que nos madou unha bolsa chea de espigas puidemos desgranalas e conseguir moitos grans de maínzo cos que traballaremos na aula.
   Observamos que algunhas teñen grans vermellos e outras amarelos, ademais de que hai que ter forza para poder sacalos, pero fomos capaces!!!
   Moitas grazas avó de Sara!!!

Distribuir contido