Iniciar sesión: Acceso

Blogues

PLANTAMOS COLES DE BRUSELAS

   Aproveitando que o martes fixo bo tempo decidimos saír ao invernadoiro para plantar coles de bruselas.
   Cada un dos nenos e nenas fixo un burato na terra coas mans para poder meter a planta e botoulle de novo terra enriba. Despois colleron a regadeira para regalas. 
   Para rematar puxeron o seu nome ao lado da súa planta.
   Agora queda coidalas con moito mimo para que crezan e así poidamos recoller máis adiante as coles.

 

 

 

 

 

 

 

 

 











   
   

   Como nos gustou tanto plantar no invernadoiro, despois axudamos a Ricardo a plantar un arbusto diante do colexio. 

   El ensinounos como fixo o burato coa pa e despois plantámolo. Ao mesmo que fixemos coas coles de bruselas, tamén regamos o arbusto novo e os demais que hai ao seu redor.
   Foi unha experiencia moi divertida e xa somos grandes agriculoras e agricultores!!!!

 

 

 

 

ACTUACIÓN DO MAGO BENXAMÍN

   O martes tivemos unha sesión de maxia con Mago Benxamín. Fixo trucos que nos gustaron moito, como cando sacou moitas cintas de cores, cando pasou un coelliño dunha pizarra a outra ou cando puxo a súa chaqueta rosa estando atado cunhas cordas.
   Que ben o pasamos!!!!

 

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO E DO SAMAÍN

   Onte celebramos o Magosto e o Samaín, pero nos días anteriores estivemos elaborando materiais para decorar a clase e o colexio, e logramos un ambiente terrorífico!!

   Primeiro creamos o noso esqueleto HUESITOS (nome que escollemos entre todos e todas) para que protexera a nosa porta.
   Despois elaboramos cabazas terroríficas para decorar a nosa clase.
   Tamén fixemos monstruos que daban moito medo: bruxas, pantasmas, momias, morcegos, gatos negros e ata un Frankestein.
   Ademais elaboramos unhas marionetas de Samaín.

   

        
   E este foi o resultado:
   O luns tivemos unha sesión de maquillaxe e pintamos as nosas caras de vampiros, cabazas, gatiños e ata arañas!!
     E por fin chegou o día da celebración!!!! 
   Habería moitas sorpresas e para iso viñemos disfrazados: esqueletos, bruxas, zombies, diabliñas, morcegos, vampiros e vampiresas. 
   Ademais, Alejo e Lois trouxeron unhas cabazas terroríficas que fixeron na casa.
   
   

       A primeira das sorpresas estaba na biblioteca. Os nenos e nenas de infantil, xunto cos compañeiros/as de 1º de Educación Primaria xogamos a "frío e quente" para poder atopar obxectos do Samaín (bruxa, farol, morcego, libro máxico, caldeiro e unha curuxa) cos que Begoña nos contou unha historia.
   
   Despois dos bailes por fin comezaron os xogos puidemos comer castañas!!!
    

   Que ben o pasamos!!!!!

RECOLLEMOS PIPAS

  O outro día Alejo e Lois trouxeron á clase un xirasol. Primeiro observámolo e falamos un pouco desta planta, coñecendo por que ten ese nome.
  Despois, en grupos pequenos fomos recollendo as pipas. Ten moitísimas!!!
  Moitas grazas por traelo compañeiros!!!

DECORACIÓN DE OUTONO

   O 23 de setembro comezou o outono e os nenos e nenas de Infantil comezamos a elaborar a decoración da aula para esta estación.
   Pintamos follas para poñer na árbore que hai na entrada do colexio, ademais de traballar en equipo para decorar animais, erizos e esquíos, con follas que previamente recollemos no patio do colexio (follas e castañas).
   Ademais os nenos e nenas de primaria elaboraron uns carteis de benvida que puxeron na árbore.


    Tamén decoramos unha das nosas portas e para iso pintamos con témperas un debuxo xigante. Encantounos como quedou!!!

                       

                          E este foi o resultado final!!

Distribuir contido